AVISO AOS DONOS DE MASCOTAS E ANIMAIS DE COMPA?ÍA: ENVELENAMENTO DE MASCOTAS EN PONTECESURES.

Dende o Concello de Pontecesures informase que se están a producir nos últimos días algúns casos de envelenamento de mascotas nas rúas do noso pobo, polo que dende o concello tense a sospeita de que se están a botar sustancias tóxicas ou veleno por parte dalgún desaprensivo/a.

O Concello de Pontecesures vai tomar as medidas oportunas e necesarias para solucionar esta situación e evitar máis casos de envelenamentos. Asemesmo, recomenda precaución aos propietarios que pasean as súas mascotas polas rúas e que en nengún caso lles deixen comer restos orgánicos ou calquer outra sustancia vertidos na rúa.

2º PLAN DE EMPREGO 2015 DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA NO CONCELLO DE PONTECEUSURES.

logo_depo

O Concello de Pontecesures vai solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do 2º Plan de emprego 2015 dese organismo, destinado ós concellos da provincia, unha subvención para a contratación de 20 postos de traballo; sendo contratos en horario a tempo parcial (7 horas/dia) durante os meses de novembro e decembro de 2015.

En concreto, a distribución dos 20 postos que este concello vai solicitar, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

NOME POSTO CODIGO CNAE
7 PE?NS DE OBRA P?BLICA 96011029
6 AXUDANTES DE XARDINERÍA 95121019
4 PERSOAL DE LIMPEZA OU LIMPADOR/A EN  XERAL 92101050.
2 TECNICOS PROTECCION CIVIL 59991036
1 ALBANEL 71211015

 

A selección dos candidatos/as será a través do INEM, e se realizará a finais de outubro, unha vez aprobada a subvención primeiro, para posteriormente o INEM remitirnos ós/ás candidatos/as preseleccionados.

Os requisitos dos aspirantes son que non estean percibindo prestacións, ou que estas sexan para garantir o os recursos económicos mínimos de subsistencia (RAI, RISGA, PREPARA, etc).