EDUCACI?N ADULTOS 2015/2016 EN PONTECESURES.

libros

PROGRAMA DE EDUCACI?N DE PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

1.- Clases presenciais e gratuítas para a obtención do título de graduado en educación secundaria –GRADUADO ESO– para maiores de 18 anos, por cursos ou ben accedendo ás probas libres nas dúas convocatorias (maio e setembro) podendo obter a titulación nun só día mediante exames tipo test.

2.- Clases presenciais e gratuítas para a preparación para o acceso a CICLO MEDIO, con exames nun só día en formato tipo test. 

Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante desde o punto de vista de conseguir un emprego. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a postos de traballo convocados polas administracións públicas e empresas privadas.

Estas probas son convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Programa de Educación de Adult@s do Concello de Pontecesures está en  coordinación cos centros de ensinanza a distancia.

O horario é de luns a xoves de 18.30 h. a 21.30 h. (o horario pódese modificar dependendo das circunstancias do alumnado).

A impartición das clases son no colexio CPI de Pontecesures.

Para máis información acudir á Concellería de Educación do Concello de Pontecesures ou á Oficina do Técnico de emprego.

ROTEIRO HIST?RICO-CULTURAL DE PONTECESURES.

logo ROTEIRO historico cultural

 

Os vindeiros días 10 e 11 de outubro, celebraremos os  90 anos da segregación do concello de Pontecesures de Valga e a súa declaración como entidade municipal propia.

Dentro das actividades que, dende o concello de Pontecesures, se están a preparar, vaise realizar un roteiro histórico-cultural. Non será unha andaina nen unha visita guiada ó uso; faremos un repaso pola nosa herdanza histórica rescatando do olvido aqueles lugares  que, físicamente, fai tempo que desapareceron pero que un día deron lustre ó nome do noso pobo: a leprosería da rúa nova; as figuras de persoaxes excepcionais como Maside ou os Otero Acevedo; as feiras do automóvil; o porto de Pontecesures; a cerámica celta…e máis.

A visita partirá da Biblioteca Municipal (onde se ubicou a primeira casa consistorial), discurrirá por tramos comodos e fáciles xa que se faran polo propio pobo;  ten unha duración estimada de dúas horas e apta para todos os públicos e idades. Será realizada por un guía profesional de acreditada experiencia. En principio, establécese unha quenda de 17:00 a 19:00 pero, en función da xente que se anote, poderase variar este horario para adáptalo ó total de participantes. Calquera modificación será oportunamente comunicada.

Prazo de inscrición ata o 8 de outubro nas oficinas municipais da Casa do Concello.

Acceso a fotografías e plano deste roteiro:
http://pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=2&id=104&sec=11