XXI CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES_RUN FOR THEM.

O Concello de Pontecesures organiza a “XXI Carreira Popular de Pontecesures” que se celebrará o Domingo 16 de xaneiro de 2022 a partir das 11:00 horas.

Tras o éxito da anterior edición, na que puidemos mostrar o noso perfil máis solidario na loita contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o están a pasar e, polo tanto, A “XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM”, nesta ocasión, servirá para recadar fondos, en colaboración con Cruz Vermella, que serán destinados a axudar ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma, que está a deixar tras de sí perdas incalculables.

No momento de formalizar a inscrición, todas as persoas participantes terán a opción de facer un donativo a título persoal para contribuir a incrementar a recadación. Os que non poidan participar, poden facer a súa aportación solidaria a través do dorsal solidario.


REGULAMENTO XXI CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES
DECLARACIÓN RESPONSABLE COVID MENORES DE 12 ANOS

ACCESO DIRECTO Á INSCRICIÓN premendo AQUÍ

 

SORTEO FINAL DA CAMPAÑA “PONTECESURES PRÓXIMO”

O próximo día 22 de decembro celebrarase o último sorteo da campaña de apoio ao comercio, hostelería e sector servizos “Pontecesures Próximo” no que se extraerá a papeleta gañadora dun lote de produtos valorado en 500€ de entre as máis de 60.000 que se levan repartido e que se compón de:

1 xamón de Zamora
1 peza de lomo embuchado
1 peza de butelo
1 sandwichera eléctrica-grill
1 báscula
1 set de toallas
1 manta (amorosiña)
1 tableta 10’
1 set de gaming
2 cofres de perfume

Participa e gaña!