TEATRO EN PONTECESURES ??A GALI?A ?? A GALA BEN?FICA MÁIS CATIVA DO MUNDO? DE MOFA & BEFA.
A Compañía Produccións Teatráis Excéntricas trae o vindeiro sábado 26 de setembro a súa obra ??A GALI?A: A GALA BEN?FICA MÁIS CATIVA DO MUNDO? a Pontecesures, ás 22.00 horas no Centro Social.
A GALI?A é unha obra en clave de humor interpretada polo famoso dúo MOFA & BEFA (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira).
Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.
Fotografías da Festa da Bicicleta 2015.
Sara Liñares Blanco, gañadora do sorteo da bicicleta doada por Beruca Bikes na Festa da Bicicleta 2015.
O Concello de Pontecesures agradece a colaboración dos organismos e empresas que colaboraron na realización deste evento: Deputación de Pontevedra, Seriegrafía e Rótulos ALISAL, EROSKI Pontecesures, Gaseosas e Distribucións BRA?A e BERUCA bikes.
Para ver a galería completa de fotografías deste evento:
http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=58&gal=61
O CONCELLO DE PONTECESURES ENTREGA Á AGRUPACI?N DE VOLUNTARIOS DE PROTECCI?N CIVIL UN NOVO REMOLQUE EQUIPADO PARA EMERXENCIAS.
No día de hoxe, por parte do Equipo de Goberno municipal, foi entregado un novo remolque con equipamento de emerxencias á AA. VV. de Protección Civil de Pontecesures. Este remolque foi adxudicado ao Concello de Pontecesures pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder-Galicia).
O remolque ven dotado cun completo equipo: Equipo electróxeno, bombas de achique, desbrozadora, motoserra, iluminación, conos de sinalización, etc.
Para o concello de Pontecesures este equipo supón un reforzo importante de cara ao servizo de emerxencias que ven levando a cabo a agrupación de Protección Civil cesureña xa dende fai anos.










