OBRAS REALIZADAS COA AMPLIACI?N DO ??PUSIM 2014? DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA
O Concello de Pontecesures levou a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se actuou.
As obras consistiron na mellora do firme en seis camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide, Grovas e Acevedos), que tiñan un pavimento asfáltico moi deteriorado; e na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que se atopaba en terra. Ademais disto, executáronse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.
As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:
| Zona – rúa | Tipo de actuación | |
| 01. | Rúa Mimosas | mellora do firme (asfalto) |
| 02. | travesía avdas. Namorados e Arousa | mellora do firme (asfalto) |
| 03. | Pista do Regadío | mellora do firme (asfalto) |
| 04. | Camiño a Mimosas | pavimentación (asfalto) |
| 05. | Condide | mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais |
| 06. | Grovas | mellora do firme (asfalto) |
| 07. | Camiño dos Acevedos | mellora do firme (asfalto) |
| 08. | Rúa Portarraxoi | badén elevado |
| 09. | Rúa San Lois 01 | badén elevado |
| 10. | Rúa San Lois 02 | badén elevado |
| 11. | Rúa Sagasta 01 | badén elevado |
DESCRICI?N DAS OBRAS
As actuacións 01, 02, 03, 05, 06 e 07 consistiron, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) realizouse a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectaron ás tuberías e cunetas existentes.
A actuación 04 consistiu na pavimentación dun camiño que se atopaba en terra, para o cal previamente se escavou a capa superficial de terra vexetal e se executou unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.
En todas estas actuacións púxose á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.
As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistiron na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde xa existian pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procedeuse a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde foi preciso, intaláronse novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.
Nas zonas ampliadas o asfaltado realizouse sobre unha capa de zahorra artificial.
Foi preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto.
A realización das obras foi adxudicada á empresa Covsa por un importe de 83.937,35?
Reportaxe fotográfico:
- Rúa das Mimosas

- Travesía entre Avda dos Namorados e Avda de Arousa

- Pista do Regadío

- Camiño a Mimosas

- Condide

- Grobas

- Camiño dos Acevedos

- Badén Rúa Portarraxoi

- Badén Rúa San Lois 01

- Badén Rúa san Lois 02

- Badén Rúa Sagasta

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2015/2016 NO CPI DE PONTECESURES.
CPI PONTECESURES. DATA E HORA DE PRESENTACI?N. INCIO CURSO 2015-16
INFANTIL E PRIMARIA: COMEZO 10 DE SETEMBRO ÁS 9.00 H.
1º ESO e 2º ESO: 15 de setembro ás 10:30 H.
3º ESO e 4º ESO: 15 de setembro ás 11:30 H..
ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE BODY JUMP, PERFECT BODY, TABATA E RECHARGE EN PONTECESURES.

As actividades deportivas de BODY JUMP – PERFECT BODY – TABATA – RECHARGE comezan o luns 14 de setembro.
LUNS Y M?RCORES, horario de TARDE:
Local anexo ao Pavillón de Deportes: de 21:30 a 22:30 h.
Para inscrición e infórmación desta e outras actividades e horarios nol tlf. 659.44.79.95 o no Concello de Pontecesures.
AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DE PRESTACI?N ECON?MICA DE PAGAMENTO ?NICO POR FILLOS/AS MENORES DE 3 ANOS.
Axudas da Consellería de Traballo e benestar: Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos.
Prazo de solicitude: ata o 8 de outubro.
Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello, os luns de 11.00 a 14.00 horas e os martes e venres de 9.00 a 14.00 horas.
Descarga das bases destas axudas:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=774
ADQUISICI?N DUNHA EXCAVADORA COMPACTA TAKEUCHI TB125
O Concello de Pontecesures mediante una subvención do Fondo de Compensación Ambiental pertencente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de adquirir unha Excavadora compacta marca Takeuchi TB125 á empresa Baygar S.L.
A adquisición da Excavadora foi adxudicada na Xunta de Goberno local do día 29 de Xullo de 2015 por un importe de 18.634,00? dos cales 5.590,20? foron aportados polo Concello e 13.043,80? aportados pola Xunta de Galicia


