CURSO DE MONITOR DE TEMPO DE LECER EN PONTECESURES.

CARTEL CURSO TEMPO LIBRE 2015

 

Dende o día de hoxe abrese o prazo de preinscrición para un curso de MONITOR DE TEMPO DE LECER (200 horas) homologado pola Xunta de Galicia. O curso desenvolveráse na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello, os horarios e datas determinaránse unha vez pechada a preinscrición. Os requisitos para participar neste curso son: ser maior de 18 anos , e ter superada a E.S.O..

Máis información e formalización da preinscrición na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na Casa do Concello.  O prazo de preinscrición estará aberto ata cubrir as prazas para o desenvolvemento do curso.

 

INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO: IMPLICAD@S POLO CAMBIO.

IMPLICADOS NO CAMBIO

Intercambio xuvenil europeo: Implicad@s polo cambio

A asociación non lucrativa SUSTINEA oferta a 6 xovenes a posibilidade de participar nun INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO que se vai a celebrar en Muíños (Ourense) do 9 setembro ao 18 setembro 2015, no que participarán 30 xovenes de Francia, Portugal e Galicia-España. Este proxecto englóbase dentro do Programa ERASMUS+.

Os requisitos necesarios para poder participar son ter entre 16 a 30 anos e enviarnos un correo electrónico antes do 31 de Agosto.

O programa ERASMUS+, financia o 100% do Aloxamento, comida e actividades durante os 9 días de intercambio e asigna unha bolsa para gastos de viaxe (segundo normativa do programa europeo).

Os/as participantes deberán acudir a unha reunión preparativa na sede de SUSTINEA, onde se informará de todo o programa, se prepraran as actividades, etc.


Información do Proxecto

O Intercambio xuvenil: Implicad@s polo cambio, é un intercambio de 9 días de duración dirixido a 30 mozos/as de tres países europeos: Francia, Portugal e España.

Este intercambio, busca a socialización e o desenvolvemento integral dos mozos e mozas participantes, a través da participación en distintas actividades ambientais: work shop, visitas didácticas, actividades de ocio, dinámicas de grupo, teatro, debates, video-forum, obradoiros, elaboración de produtos ecolóxicos, etc.

Son moitas as posibilidades de integración que ofrece este Intercambio. Este programa, potencia o seu protagonismo, xa que fomenta a participación directa dos/as mozos/as no desenvolvemento e xestión das actividades, instaurando así unha verdadeira cultura asociativa.

Os obxectivos son:

. Loitar contra o risco de exclusión.

. Permitirlle a cada persoa sentirse pertencer á sociedade.

. Consolidar un lazo social entre os mozos e mozas participantes.

. Crear un espazo de encontro onde intercambiar experiencias sobre as dificultades dos mozos e mozas hoxe en día para inserirse (encontrar un emprego, adquirir a súa autonomía, construír unha vida de familia, etc.), sobre os problemas cando non atopan un traballo.

. Dispoñibilizar os recursos precisos para a empregabilidade no medio rural a colectivos en risco de exclusión social.

. Facilitar información sobre o mercado laboral en empregos relacionados co rural e as posibilidades que este ofrece no momento actual.

. Coñecer alternativas de produción ecolóxicas que permitan o asentamento da poboación no rural.

. Favorecer o coñecemento doutras culturas e o entendemento mutuo compartindo experiencias.

. Compartir experiencias socioculturais de interese e fomentar o diálogo intercultural.


Para máis información e inscrición:

Telf.: 988 782 964

info@sustinea.org

http://www.sustinea.org/?q=content/intercambio-xuvenil-europeo-implicads-polo-cambio
As persoas de Pontecesures interesadas en participar neste intercambio xuvenil, poden facelo directamente a través do e-mail, ou ben na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

 

NOVA NORMATIVA PARA A XESTI?N DOS RESIDUOS DE APARATOS EL?CTRICOS E ELECTR?NICOS.

O Real Decreto 110/2015 do 20 de febreiro (publicado no Boletín Oficial do Estado do 21/02/2015) establece que os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) non poderán ser abandonados na vía pública e a súa recollida e tratamento debe facerse por separado. 

Polo tanto, en cumprimento desta normativa, de xeito provisional e ata que por parte dos concellos que integran a rede de recollida de RSU da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza (entre os que está Pontecesures) se implante un sistema para a recollida deste tipo de residuos; na recollida de mobles e enseres domésticos que se está a levar a cabo actualmente non poderán incluirse aparatos eléctricos e electrónicos ??RAEE-.

Por parte do Concello de Pontecesures recoméndase aos veciños que para desfacerse dos RAEE poden facelo en establecementos comerciais distribuidores de electrodomésticos.