
Ludoteca Pontecesures 2021 ” Un Nadal de Conto”

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Inscríbete ata o 16 de decembro.
REAPERTURA DO PARQUE INFANTIL VICENTE MOURE.
Logo do remate das obras de mellora do Parque Infantil Vicente Moure (a carón da Casa do Concello), esta instalación municipal volverá a estar aberta ao público a partir do sábado 4 de decembro.

REUNIÓN CO XEFE TERRITORIAL DE INFRAESTRUCTURAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Motivado polas queixas e as incertidumes dos veciños de Infesta pola recente reorganización da Estrada PO-214 (de titularidade autonómica), sobre todo, no que se refire as zonas de saida dos colexios e a do paso dos peregrinos xacobeos, o pasado mércores -1 de decembro- houbo unha reunión na propia estrada entre membros do Concello de Pontecesures e o Xefe Territorial de Infraestructuras da provincia de Pontevedra, Don José Luís Díez Yánez.

Nesta reunión abordáronse as queixas dos veciños de Infesta e o Xefe Territorial comprometeuse a estudiar novas medidas de seguridade tendo en conta as queixas dos veciños.
APARECEU O ÚLTIMO NÚMERO PREMIADO DA CAMPAÑA “PONTECESURES É PRÓXIMO”, A FALTA DO PREMIO DO SORTEO FINAL.

Polo tanto rematamos cos sorteos “ordinarios” e queda por celebrarse o derradeiro sorteo final que será o vindeiro mércores 22 de decembro as 13 h.
Os establecementos colaboradores seguirán entregando rifas da campaña ate a xornada do 20 de decembro, e na mañá do 21 entregarán as matrice nas oficinas do concello para que o 22 estean dentro da urna. recordemos que o gañador/a do sorteo levarase un lote de produtos valorados en 500 €.
