Asfaltado na rúa Miguéns Parrado

Por motivos da forte choiva que está a caer, o asfaltado da rúa Miguéns Parrado, previsto para hoxe pola tarde,  posponse á espera dunha mellor situación climatolóxica.

Esta rúa comprende un tramo moi estreito onde non pode acceder a maquinaria e débese facer a man. Deste xeito, o traballo de compactado do asfalto precisa que o chan non estea mollado para a súa perfecta adherencia.

Unha vez máis o grupo de goberno pide disculpas á veciñanza e agradece a sua paciencia e comprensión ante as obras que se están a levar a cabo no Concello.

AXUDAS ECON?MICAS ÁS FAMILIAS CON FILLOS MENORES A CARGO E QUE OS SEUS INGRESOS NON SUPEREN O IPREM, PARA O PAGO DA FACTURA EL?CTRICA A TRAV?S DO TÍCKET EL?CTRICO SOCIAL DE GALICIA, DURANTE O 1º SEMESTRE DE 2014.

cover_inega_corp

Axudas do INEGA (Institudo Enerxético de Galicia) para pagar parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, para o 1º semestre de 2014. Destinada a familias con fillos menores a cargo e que non superen o IPREM.

Prazo de solicitude: Ata o 4 de novembro.

Máis información destas axudas no bando municipal que se pode descargar no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=656

Asfaltados nas rúas de Pontecesures

la foto 3

la foto 2

la foto 1

No día de hoxe, a empresa Ponciano Nieto SL. comenzou o asfaltado das rúas San Lázaro, Otero Acevedo, Carlos Maside, Telleiro, Patifas, Miguéns Parrado, Agro do Muíño, rúa das Mimosas, rúa do Ensanche, rúa do Campo (no lateral do campo de fútbol). Está previsto que as obras teñan un prazo de execución de sete a dez días.

O equipo de goberno pide disculpas a veciños e visitantes polas molestias ocasionadas polas devanditas obras.

CURSO DE COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES: AMPLIACI?N DO PRAZO DE INSCRICI?N.

logodepo

 

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso está destinado, inicialmente, a mozos/as con idade entre 16 e 35 anos (ambos inclusive). Nembargantes, para completar o número de prazas poden inscribirse persoas que non cumpran o requisito da idade.

2º PRAZO DE INSCRICI?N: Por quedar prazas libres, ampliase o prazo de inscrición ata o 19 de setembro.

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). 2º prazo de inscrición: dende o 15 o 19 de setembro.

IMPORTANTE: OS QUE XA ESTÁN INSCRITOS NON TE?EN QUE VOLVER A FACELO.