No seguinte enlace descárgase o boletín:
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=649
O vindeiro sábado 6 de setembro celebraráse o DÍA DA BICICLETA en Pontecesures, cunha marcha cicloturista polas rúas do pobo.
SÁBADO 6 DE SETEMBRO ÁS 16.30 NA PLAZUELA.
OBRIGATORIO O USO DO CASCO.
A partires das 16.30 horas entregaránse os dorsais (para o sorteo) e a saída será ás 17.00 horas.
Está confirmada a presenza nesta marcha da recente medallista na Olimpiada da Xuventude Camila Aldana Morison Rey, de Pontecesures; que participará nesta actividade abrindo a marcha á cabeza da mesma.
Ao final da marcha sortearáse, entre os participantes, unha bicicleta doada polo establecemento comercial BERUCA BIKES de Pontecesures.
Esta actividade está organizada polo Concello de Pontecesures e na mesma colaboran os seguintes establecementos comerciais locais: Alisal, Eroski, e Beruca Bikes. Ademáis da colaboración, que xa ven prestando tódolos anos, de Begano-Coca Cola (Pontevedra-Vigo) que aporta as bebidas para os participantes.
Dende o concello animase á veciñanza a participar nesta actividade.
Dentro do Programa Cultura no Camiño 2014, cofinanciado pola Consellería de Cultura, pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e polo Concello de Pontecesures; contaremos en Pontecesures co teatro infantil ??O PAPORRUBIO NA GRANXA? da Compañía SEISDEDOS TÍTERES con xogos populares interactivos, música, teatro e contos para nenos e nenas.
Esta actividade levaráse a cabo o vindeiro venres 5 de setembro ás 12.00 da mañá na Plazuela, coincidindo coa xornada mensual de mercadillo municipal (en caso de mal tempo levaráse esta actividade para o Centro Social).
Obradoiro e torno ás alternativas de ocio que non respondan só ao lecer como producto de consumo, coa proposta de que XOGAR ? DE BALDE!, que inclúe un conto e varios xogos populares; dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos.
Xincana de lecer, publicidade e TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación: Xogo para relacionarse e valorar diferentes posibilidades de consumo; dirixida a rapaces/as de 9 a 16 anos.
Xoves 28 de agosto ás 11 da mañá na Plazuela. Para participar nesta actividade é necesaria á inscrición previa nas oficinas do Concello de Pontecesures. Inscrición aberta ata o martes 26 de agosto ás 12.00 horas.
Actividade enmarcada no Programa LECER E CONSUMO 2014 da Consellería de Economía e Industria e organizada polo Institudo Galego de Consumo.
Dentro do Programa Cultura no Camiño 2014, cofinanciado pola Consellería de Cultura, pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e polo Concello de Pontecesures; actuará en Pontecesures o mago NORBERTO KOLB da compañía Creacións Máxicas Lirolai, co espectáculo “MAXIA DE PRETO“. Esta actuación levaráse a cabo o vindeiro mércores 20 de agosto ás 8 da tarde na Praza dos Valeiros de Porto.