Grande éxito do Clube Náutico de Pontecesures na Copa de España de 1000 metros de piragüismo que se celebrou esta pasada fin de semana no embalse de Verducido (Pontevedra).

PODIUM k1

Podium k1 

O equipo junior feminino de Pontecesures copou tódolos triunfos na modalidade de kayak. Asi, en K1 o primeiro posto foi para Camila Aldana Morrison e o segundo para Raquel Dacosta Piñeiro; ámbalas dúas do Náutico de Pontecesures. Estas dúas palistas tamén foron campionas en k2 e ademáis, xunto con Rebecca Laurijsen Busto e Vanesa Carril Lustres tamen obtiveron a victoria na modalidade de k4. Enorme éxito con pleno de triunfos en kayak co mellor equipo feminino junior de España.

podium k2

Podium k2


podium k4 (2)

Podium k4


grupo k4

Rebecca, Vanesa, Camila e Raquel (campionas da Copa de España na modalidade de K4)

Hai que suliñar que xa no pasado campeonato de España de inverno, celebrado na Cartuja (Sevilla) o 15 e 16 de marzo, Camila Aldana e Raquel Dacosta xa foran campiona e subcampiona respectivamente da categoría de k1.

Estos resultados tan destacados indican que as palistas junior do Náutico de Pontecesures serán referentes para formar parte do equipo nacional de piragüismo e representar a España nas competicións internacionais da presente temporada.

 

O VINDEIRO VENRES 2 DE MAIO PRIMEIRA XORNADA DO MERCADO AMBULANTE DE PONTECESURES.

gNew017

 

Este mercado terá unha periodicidade mensual e realizaráse o primeiro venres de cada mes en horario de mañán.

O venres 2 de maio comezará a funcionar o mercado ambulante de Pontecesures. Os postos que hai solicitados ata agora, arredor dos 35, serán ubicados nas proximidades da Praza de Abastos, Praza do Coche de Pedra,  Rúa San Lois (entre as interseccións coa Travesía do Muelle e coa Rúa Carlos Maside) e na Plazuela.

Os postos que van a colocarse nesta primeira xornada ofertarán mercadorías variadas: alimentación, calzado, téxtil, artesanía, etc.; tendo en conta que os postos de alimentación estarán situados nas inmediacións da Praza de Abastos.

Asemesmo, nas oficinas municipais séguese co proceso de admisión de solicitudes para novos postos.

Dende o goberno municipal agardase que este mercado teña unha boa acollida entre toda a veciñanza, tanto de Pontecesures como de toda a comarca e agradece a colaboración e interés dos vendedores ambulantes para que esta iniciativa sala adiante.