ENTRADA EN VIGOR DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERI?DICOS EN PONTECESURES A PARTIR DO 9 DE ABRIL DE 2014.

No día de hoxe, 8 de abril, saíu publicado no B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) o texto íntegro da ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE EN MERCADOS PERI?DICOS EN PONTECESURES.

Polo tanto, a partir de mañá 9 de abril xa se poderán tramitar as solicitudes de postos por parte dos vendedores ambulantes.

A documentación a presentar poderáse consultar na propia ordenanza e o modelo de solicitude pódese descargar dende hoxe na web municipal www.pontecesures.org no apartado de impresos e formularios.

AS AUTORIZACI?NS E OS POSTOS CONCEDERANSE ATENDENDO Á ORDE DO REXISTRO DE ENTRADA NAS OFICINAS MUNICIPAIS (artigo 18. a)  do regulamento).

No seguinte enlace pódese descargar o regulamento completo desta ordenanza e o modelo de solicitude:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=611

 

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICI?N E RESERVA DE PRAZAS PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL PARA O CURSO 2014/2015.

EIM

 

EIM curso 2014/2015:

Preinscrición para novos/as alumnos/as. Reserva de praza para nenos/as que xa acoden á EIM.

Prazo: dende o 1 ata o 15 de abril.

Máis información no Servizo Social Comunitario do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.

No seguinte enlace pódense descargar o bando completo desta nova, o modelo de solicitude de preinscrición e o modelo de solicitude de reserva de praza:

 http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=608