No seguinte enlace descárgase o boletín:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=586
A partir do vindeiro domingo día 16 de febreiro o Concello de Pontecesures terá aberto tódolos domingos pola tarde, e á disposición de maiores e xente en xeral, o local social da rúa do Camiño de San Xulián.
Esta iniciativa ten como obxetivo que a veciñanza teña un lugar para reunirse, charlar, etc. Terán á súa disposición xogos de mesa e equipo de son para poñer música.
O horario de apertura será dende as 5 ata as 9 da tarde.
Non se descarta por parte do concello a posibilidade de programar actividades (teatro, música, maxia, etc.) neses horarios atendendo á cantidade de xente que acoda habitualmente.
O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2014. As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.
O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.
En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.
Bases:
As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 28 de febreiro nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.
Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 ? en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 ?.
No seguinte enlace pódense descargar as bases e formulario de inscrición para o ENTROIDO 2014 de Pontecesures:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=582