SOLICITUDE DE COLABORACIÓN A CIDADANÍA DE PONTECESURES: CUESTIONARIO PLAN DE IGUALDADE.

Este cuestionario forma parte dun proxecto de investigación encamiñado ao análise das políticas de igualdade no ámbito local e a próxima redacción do Plan de Igualdade municipal entre homes e mulleres do Concello de PontecesuresO cuestionario comeza cun cadro a completar con datos xerais e é seguido dun listado de preguntas abertas e pechadas nas que cabe ofrecer tamén unha resposta razoada ou simplemente marcar cunha “X” cando corresponda.A súa participación é de vital importancia para pechar a redacción das necesidades, programa e actividades específicas que axudarán a mellorar de maneira transversal a igualdade entre homes e mulleres dentro do Concello de PontecesuresO cuestionario é ANÓNIMO para garantir a súa confidencialidade. Moitas grazas pola súa colaboración.
PARA REALIZAR O CUESTIONARIO PREMER NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.questionpro.com/t/ASuRmZpPQe

REUNIÓN DO ALCALDE DE PONTECESURES CON REPRESENTANTES DO SECTOR FERROVIARIO

A proposta pretende atender os servizos de proximidade e asegurar a conexión e continuidade dos trens de Longa e Media Distancia e Eixe Atlántico e Portugal.

Na reunión tratouse tamén a necesidade de complementar e coordinar os distintos servizos que permitan unha movilidade axeitada para Pontecesures e a súa área de influencia.

O Alcalde trasladou a Antón Conde, Secretario Xeral do Sector Ferroviario na provincia, a importancia de crear proxectos para acondicionar e adaptar as estacións ás novas características que Pontecesures demandará a curto e medio prazo.

En concreto tratouse a necesidade de favorecer as necesidade de comunicacións que de seguro se incrementarán coa posta en marcha de novos proxectos empresariais (ampliación factoría Nestlé, nova creación de polígonos empresariais, novos fluxos de turismo náutico derivados da navegabilidade do río Ulla , etc.).

Finalmente, acordaron manter novos contactos para perfilar un plan de necesidades de transporte donde se inplicarían outros Concellos da contorna.

SAMAIN 2021 – PONTECESURES

O vindeiro venres 29 de outubro festexamos o Samaín en Pontecesures. A partir das 18 horas, os veciños e veciñas poderán achegarse á Praza de Abastos e sumarse ás celebracións arredor desta data.Haberá un desfile de disfraces con premios para os máis terroríficos e elaborados; para participar no mesmo tan só vos tedes que anotar no mesmo día. Poderedes traer tamén as vosas cabazas a concurso e conseguir algún agasallo; pero, sobre todo, non esquezades reunir valor e coraxe suficiente para enfrentar o espeluznante día en que, contan, é mais sinxelo transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos…