Dende o mes de setembro pasado, por parte do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures, veñense solicitando distintas entrevistas na Vicepresidencia da Xunta de Galicia sen ter resposta a día de hoxe. Non queremos pensar que non se nos recibe porque o tema a tratar son as emerxencias en Pontecesures. Levamos un ano con este asunto. Mantivose un primeiro contacto no mes de febreiro e dende aquela se nos esta ocultando toda a información con respecto á distribución dos grupos de emerxencias (GES) en Galicia. Queremos que a Vicepresidencia nos de moitas respostas sobre as emerxencias en Pontecesures. Pero a verdade a día de hoxe non conseguimos ni que nos reciban.
Sabemos que o tema dos GES estase levando con moito oscurantismo que empeza a cheirar un pouco mal.
Por eso dende o goberno de Pontecesures reiteramos a Vicepresidencia que se nos reciba coa maior brevedade posible.


