A EXPOSICIÓN “MULLERES QUE FALAN” SAE Á RÚA.

A discriminación contra as mulleres e nenas é un problema de raíces socio-históricas profundas que afecta todos os países do mundo.

Sobre esta base discriminatoria susténtase a desigualdade de xénero que, no seu grao máis extremo, asume a forma de violencia, constituíndo unha violación flagrante dos dereitos das mulleres.

Mediante a exposición itinerante “Mulleres que falan”, o Concello de Pontecesures pretende amosar o seu firme compromiso na loita contra esta lacra social.

A medida, encadrada dentro das actividades conmemorativas do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, vai dirixida a sensibilizar e concienciar a toda a poboación da necesidade de eliminar de raíz calquer tipo de conduta discriminatoria que poida derivar nas diferentes formas de violencia contra as mulleres.

Esta exposición percorrerá diversas zonas do pobo a fin de dar a maior visibilidade a un problema que a ninguén nos é alleo.            

10º SORTEO DA CAMPAÑA «PONTECESURES PRÓXIMO»

Mañá venres dia 8 de Outubro terá lugar as 13.00 h no Salon de Plenos na Casa do Concello o DÉCIMO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.