Encontro cos clubes deportivos locais

O pasado xoves tivo lugar un encontro entre os representantes dos clubes deportivos locais que utilizan o campo de fútbol e o pavillón municipais e o goberno municipal de Pontecesures, co obxecto de fixar de común acordo, un horario de uso das devanditas instalacións e escoitar as súas suxerencias. Tamén se lle facilitou a cada un dos representantes unha copia da ordenanza de uso de locais municipais, que recolle os dereitos e deberes dos usuarios dos mesmos.

Os representantes dos clubes tamén fixeron constar as melloras a acometer tanto no pavillón coma no campo de fútbol, e estableceuse un calendario de actuacións, tendo en canto as posibilidades económicas do Concello.

Limpezas de distintos lugares de Pontecesures

O Goberno de Pontecesures ven de efectuar durante toda esta semana limpezas de desbroce con un tractor por distintos lugares. Estas limpezas eran demandadas por veciños, e atendendo a estas peticións contratouse un tractor que fixo durante esta semana distintos percorridos:

– Pozo da Cornelia, monte de Porto, Calera e rúa do Campo.

– Pista do regadio e zona de Baño dende Chanteclair.

– Pista da Barosa e subida o Mirador do Galiñeiro.

– Estrada de Grobas e a Fenteira.

– Patio do Colexio, e arredores.

Agardamos que con estas limpezas foran satisfeitas as demandas da veciñanza.

Tamén solicitamos a colaboración veciñal para que manteñan limpas as súas propiedades, e as beiras dos camiños lindeiras con estas, para manter en bo estado o patrimonio de todos,  como son os distintos camiños que discurren polo noso Concello.

Cursos de idiomas AEVU 2013/14 en Pontecesures.

AEVUINFORMACI?N DOS  CURSOS DE IDIOMAS AEVU 2013/14 NO CONCELLO DE PONTECESURES

 Informase que a nova edición dos cursos de idiomas organizados por AEVU (Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia) e impartidos polo Centro de Idiomas Waterford comezará o vindeiro 1 de Outubro de 2013.

 Os alumnos matriculados na edición anterior deberán confirmar a súa matrícula chamando ao teléfono 986 851 225 ou no enderezo electrónico  cdiwaterford@hotmail.com antes do 20 de setembro. En canto aos alumnos novos deberán recoller o impreso de solicitude no Concello de Pontecesures e entregalo tamén antes do  20 de setembro nas oficinas do concello.

 As cotas dos cursos para nenos/as e adultos son as seguintes:

 ADULTOS E MOZOS/AS (3H/SEMANA): 35 ?/mes

NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA (2H/SEMANA): 30 ?/mes

O pago dos recibos dos cursos faráse  bimestralmente mediante domiciliación bancaria.

 Asemesmo ofrécese a posibilidade de encargar directamente a Waterford o libro de texto a principios de curso. Deste xeito o noso centro encargaríase de pedilos e repartilos a todolos alumnos máis rápidamente e o pago cargaríase en novembro mediante domiciliación bancaria.

 WATERFORD

Teatro de rúa na Plazuela (venres 6 de setembro).

cartel-tito-webREDUX

O teatro peregrino ??DreamWalkman? chega a Pontecesures

 O cómico Tito Spaghetto escenifica un papel nas vilas do Camiño de Santiago para gañarse a vida

O cómico galego Tito Spaghetto actuará este venres día 6 de setembro na Plazuela ás 20.30 horas. Unha representación máis do seu teatro peregrino «DreamWalkman», que xa puideron admirar moitos pobos polos que cruza o Camiño de Santiago.

Con toda a súa vida actuando, agora interpreta o papel máis logrado. Un papel que lle fai voltar a vista atrás, a ese cómico anónimo que iba polos pobos para ter un medio de vida e un proxecto cultural co que sacar adiante os seus fillos e a súa su vis cómica.

Para maís información:

http://www.dreamwalkman.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/adreamwalkman

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/08/24/ruta-tito-spaghetto-llega-lalin/865705.html

Actualización das taxas da Escola Infantil Municipal (curso 2013/2014).

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACI?N DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTECESURES 

ACTUALIZACI?N DE TAXAS 2013/2014

Conforme ao artigo 4º desta ordenanza, procedese a actualizar a tarifa de prezos establecidos na Ordenanza fiscal de cara ao novo curso escolar 2013/2014 na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xuño anterior.

O incremento interanual referido ao mes de xuño  publicado  IGE é do 2,2%, polo que os prezos polos servizos da EIM actualizados quedarían do seguinte xeito:

ATENCI?N EDUCATIVA:

  • Xornada Completa: 163,52?
  • Xornada Reducida:  138,99?

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Comedor:

  • Mes: 39,54?
  • Día solto: 2,40?

Horario ampliado: 16,46?/hora/mes

Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27/agosto/2013.