Teatro de rúa na Plazuela (venres 6 de setembro).

cartel-tito-webREDUX

O teatro peregrino ??DreamWalkman? chega a Pontecesures

 O cómico Tito Spaghetto escenifica un papel nas vilas do Camiño de Santiago para gañarse a vida

O cómico galego Tito Spaghetto actuará este venres día 6 de setembro na Plazuela ás 20.30 horas. Unha representación máis do seu teatro peregrino «DreamWalkman», que xa puideron admirar moitos pobos polos que cruza o Camiño de Santiago.

Con toda a súa vida actuando, agora interpreta o papel máis logrado. Un papel que lle fai voltar a vista atrás, a ese cómico anónimo que iba polos pobos para ter un medio de vida e un proxecto cultural co que sacar adiante os seus fillos e a súa su vis cómica.

Para maís información:

http://www.dreamwalkman.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/adreamwalkman

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/08/24/ruta-tito-spaghetto-llega-lalin/865705.html

Actualización das taxas da Escola Infantil Municipal (curso 2013/2014).

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACI?N DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTECESURES 

ACTUALIZACI?N DE TAXAS 2013/2014

Conforme ao artigo 4º desta ordenanza, procedese a actualizar a tarifa de prezos establecidos na Ordenanza fiscal de cara ao novo curso escolar 2013/2014 na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xuño anterior.

O incremento interanual referido ao mes de xuño  publicado  IGE é do 2,2%, polo que os prezos polos servizos da EIM actualizados quedarían do seguinte xeito:

ATENCI?N EDUCATIVA:

  • Xornada Completa: 163,52?
  • Xornada Reducida:  138,99?

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Comedor:

  • Mes: 39,54?
  • Día solto: 2,40?

Horario ampliado: 16,46?/hora/mes

Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27/agosto/2013.

Bando sobre a homenaxe a D. Raimundo García Domínguez ??Borobó?, Fillo Predilecto de Pontecesures. Mércores 28 de agosto de 2013.

D. Manuel Luis Álvarez Angueira, Alcalde-Presidente do Concello de Pontecesures:

I N F O R M A

Da Homenaxe a Don Raimundo García Domínguez ??Borobó?, Fillo Predilecto de Pontecesures.

Mércores 28 de agosto de 2013.

PROGRAMA

 

– 10.30 horas: Ofrenda floral ante a tumba de Borobó no cemiterio parroquial de Pontecesures.

Intervención do Alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira.

 

– 12.00 horas: Recepción na Casa Consistorial de Boiro por parte do Alcalde, don Juan José Dieste Ortigueira, e inauguración dunha exposición sobre Borobó.

 

– 12.30 horas: Homenaxe a Borobó no Parque da Comunicación de Boiro:

Intervención do Presidente do Club Exxpopress, don Jesús Souto Rodríguez.

Intervención da Presidenta da AC O Faiado-2, dona María Luisa López Otero.

Intervención do Director Xeneral do Grupo Correo Gallego, don José Manuel Rey Nóvoa.

Intervención de dona Carlota Paz Barreiro, viúva de Borobó. Prantación dunha árbore conmemorativa.

Actuación musical de Sonia Slebedynski.

 

– Entrega do título de Socia de Honra e da Insignia de Prata do Club Exxpopress á xornalista dona María Antonia Iglesias González.

 

Intervención de dona María Antonia Iglesias González.

Intervención de don Juan José Dieste Ortigueira, Alcalde de Boiro.

Intervención de dona Mar Sánchez Sierra, Secretaria Xeral de Medios da Xunta.

 

– Prantación de árbores por parte de dona Mar Sánchez Sierra, dona María Antonia Iglesias González e don José Manuel Rey Nóvoa.

 

Pontecesures, 26 de agosto de 2013

Ruta de sendeirismo ??Ollando o Ullán ??en Pontecesures

goza-do-ulla-PONTECESURES-2013-WEB

O vindeiro domingo 1 de setembro terá lugar esta ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures,e inclúe as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.

Esta ruta está incluida dentro do Programa GOZA DO ULLA que comparten outras que percorren distintos concellos bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 5 horas.

Inscricións ata o 31 de agosto no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org

Lugar e horario de saída: A Plazuela ás 9.00 horas.

??Ponlle as pilas o teu bocata? en Pontecesures

cartel-pilas-pontecesures-web2O Concello de Pontecesures acollerá o vindeiro 3 de setembro, esta campaña impulsada pola Xunta co obxectivo de promover unha alimentación sana entre os escolares.

Trátase do programa ??Ponlle as pilas ao teu bocata?, deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA para por de relevo as virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía.

Un equipo de monitores ensinarán aos rapaces e rapazas asistentes a ler as etiquetas das conservas, a coñecer a importancia de separar e reciclar os residuos que se xeran nos seus fogares,  a elaborar menús que incorporan produtos do mar en conserva e a preparación de bocadillos que poderán saborear inmediatamente.

A actividade terá lugar as 11 da mañán no Plazuela, e está dirixida a rapaces e rapazas de 5 a 15 anos. Solicítase a inscrición previa nas oficinas do Concello para poder estimar o número de participantes.