Pontecesures continúa co Ciclo Amal

O ciclo de Cine Euroárabe Amal 2013 continúa este venres en Pontecesures coa proxección de dúas películas, Por unha banda, ??Rabat? (Holanda, 65??), que narra a historia de tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. Rabat non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais. Por outra banda, ??Eid? (Palestina, 9??), un documental onde Eid Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.

As proxeccións serán ás nove da noite no Centro Social.

Pontecesures abre inscrición nas actividades do programa Lecer e Consumo da Escola Galega deConsumo

O Concello de Pontecesures organiza dúas actividades dentro do programa Lecer e Consumo que O Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo, o día 8 de agosto para nenos de entre 3 e 16 anos.

 Estás actividades están orientadas a achegar a poboación os valores do consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas que este ano xiran entorno os xoguetes populares.

A acción está programada en 2 talleres:

O primeiro, as 10:30, está destinado a nenos de 3 a 9 anos e que se denomina: CRITERIOS PARA A ESCOLLA DE XOGUETES: XOGAMOS EN IGUALDADE, na que se realizarán xogos populares e lectura de contos, e que ten como obxectivo dar a coñecer alternativas de ocio que respondan os intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como disfrute comercial.

A segunda, as 12:00, orientada a nenos de 9 a 16 anos será a XINCANA DE LECER E PUBLICIDADE, cuxo obxectivo é observar diferentes actividades de lecer relacionándose de forma lúdica co resto do grupo e valorando distintas posibilidades.

Para inscribirse ou recibir máis información, os interesados poderán facelo nas oficinas municipais. O prazo para presentar as solicitudes remata o 5 de agosto, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI.

O ciclo de cine Amal chega a Pontecesures

CARTEL-AMAL-pontecesures-web

O Concello de Pontecesures acollerá, xunto coa Fundación Araguaney ?? Ponte de Culturas, o Ciclo de Cine Amal.

Este ciclo, integrado polas películas premiadas na última edición do Festival de Cine Euroárabe Amal 2012, chega ao concello pontevedrés tras facer escala con éxito noutras localidades galegas como Cangas do Morrazo, Riveira, Muxía, Cerceda ou Santiago de Compostela.

O obxectivo é facer chegar un cine diferente que trata de romper estereotipos e barreiras culturais á xente que non puido asistir ao Festival Amal.

O calendario de proxeccións é o seguinte:

12 xullo ? Le thé ou L??electricité?
19 xullo ??Rabat? ??Eid?
2 agosto ??Ensemble? ??Bromas á parte?

As proxeccións terán lugar ás 21:00 no Centro Social.