Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir, para mozos/as de 18 a 30 anos.
Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir (clase B). Para mozas e mozos de 18 a 30 anos.
Importe das axudas 250 ?.
Requisito ser títular do carné xove.
Prazo de solicitude ata o 1 de outubro de 2013.
Consulta das bases destas axudas no Diario Oficial de Galicia, no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioCA05-070513-0003_gl.pdf
Boletín de ofertas de emprego da Fundación Amigos de Galicia (10/maio/2013)
No seguinte link descargase o boletín:
http://www.pontecesures.org/recursos/Pontecesures_10-05-13.pdf
Nova convocatoria do Banco de Libros de texto
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Pontecesures pon en marcha o Banco de Libros, unha iniciativa que promove o préstamo de manuais escolares, unha vez liquidado o sistema de gratuidade universal.
O obxectivo do Banco de Libros é fomentar a solidariedade en beneficio das familias con menos recursos económicos, e animar aos rapaces e rapazas no respecto ao medio ambiente mediante a reutilización dos manuais, ensinándolles a que respecten e coiden os seus libros de texto, e a que os cedan a outros cando xa non os precisen.
Deste xeito promóvese que os libros pasen dunha familia a outra, evitando a compra anual, e procurando o uso racional dos recursos didácticos. Os libros poden ser depositados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e no propio centro escolar.
Na primeira edición foron 120 os libros recolllidos con esta iniciativa, apoiada pola ANPA e a dirección do CPI Pontecesures.




