Campaña de Verán 2013 da Xunta de Galicia (campamentos).

 

ACCION VERAN 2013

Na Orde do 21 de marzo de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 63 do 02/abril/2013) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2013? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 35 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 17 de abril, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Máis información e descarga de formularios de solicitudes:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=473

 

 

O Concello de Pontecesures fomenta o voluntariado social. Posta en marcha da Bolsa Municipal de Voluntariado.

VOLUNTARIADO 

O Concello de Pontecesures ten elaborado un programa para fomentar o voluntariado entre a veciñanza do pobo. Para isto, e como un primeiro paso, pon en marcha a primeira Bolsa do Voluntariado coa fin de dar cabida a todas aquelas persoas que, de xeito desinteresado, queiran adicar parte do seu tempo a mellorar a sociedade. Polo de agora xa está dispoñible nas oficinas do Concello e páxina web municipal a solicitude para poder formar parte da bolsa do voluntariado municipal, engadindo que calquera persoa pode colaborar nunha acción voluntaria e traballar a favor dos vecinos e veciñas máis necesitados da vila.

Para formar parte desta bolsa municipal so é preciso cubrir a devandita solicitude. Neste formulario, ademais dos datos personais, pregúntase polas áreas que máis poidan interesar, as tarefas que gostaría desenvolver así como o tempo que se podería adicar, en definitiva, trátase de coñecer o perfil do voluntariado e saber cales son os seus intereses e inquietudes. Neste senso, lembrar que para que unha acción sexa voluntaria debe ser desinteresada; ten que ser intencionada, xa que persigue un obxectivo positivo e lexítimo; e finalmente, dicir que non é un entretemento sen máis, senón que persegue satisfacer unha necesidade previamente definida.

Posteriormente, informarase as persoas que formen parte da nova Bolsa do Voluntariado dos programas máis axeitados ao seu perfil así como as tarefas a desenvolver. ? preciso adiantar que as persoas participantes poderán participar nos diversos cursos de formación convocados pola dirección xeral de Voluntariado.

No seguinte enlace pódese descargar o formulario de solicitude para formar parte da Bolsa de Voluntariado:

 http://www.pontecesures.org/datos/INSCRIC_VOLUNTARIADO_formulario.pdf