REMODELACI?N DO CLUBE XUVENIL DE PONTECESURES.
No día de onte a brigada de obras do Concello de Pontecesures rematou a mellora da parte inferior do local coñecido como Club Xuvenil. Os traballos consistiron na instalación dun novo chan de tarima flotante, actualización do mobiliario e instalación de radiadores de calefacción.
Desde o Concello apuntan que en breve continuaranse os traballos de remodelación. En concreto, continuaranse as mesmas actuacións no resto de salas do Clube Xuvenil, Biblioteca municipal e Centro Social.
Rotura da tubería de abastecemento de auga na rúa Dr Mosquera
Sobre as 9:30 horas do día de hoxe produciuse unha rotura da tubería de abastecemento de auga na rúa Dr Mosquera. Isto provoca que as casas situadas na marxe esquerda de subida da rúa estén sin auga.
Nestres intres operarios de obras do Concello están arranxando a avaría. A previsión é que no día de hoxe quede solucionado.