A BANDA DA LOBA na Plazuela de Pontecesures.

O concerto encádrase nos actos da Xunta polo Día das Letras Galegas

A BANDA DA LOBA rende tributo a Xela Arias, a escritora, poeta, editora e tradutora á quen este ano vai adicado o Día das Letras Galegas. Este quinteto feminino, que mestura música tradicional e vangarda, actuará o vindeiro venres 8 de Outubro na Plazuela a partires das 20 horas.

A iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia. Entrada gratuíta ate completar aforo.

VISITA Á EXPOSICIÓN NO MUSEO DE PONTEVEDRA DOS TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS/AS DE PONTECESURES AO ABEIRO DA INICIATIVA “O MUSEO EN CAMIÑO”.

O Alcalde, Vidal Seage, e a Concelleira de Educación, Laura Villar, visitaron o Museo de Pontevedra para comprobar a exposición dos traballos levados a cabo polos nenos e nenas de Pontecesures dentro da iniciativa “O Museo en Camiño” que o Museo de Pontevedra levou a cabo en pasadas datas dentro do programa “O Teu Xacobeo”.

Dito programa, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos converte o Museo de Pontevedra nun museo itinerante levando unha escolla do patrimonio atesourado pola institución provincial por diferentes concellos do Camiño Portugués co fin de difundir os valores da ruta milenaria e o universo Xacobeo.

No enlace adxunto máis abaixo, pódese visualizar un video resumo dos traballos realizados polos nenos e nenas de Pontecesures.

Aproveitaron a visita tamén para manter unha entrevista co director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, e a técnica en restauración, Mercedes del Campo Lores, e comprobaron os traballos de restauración da Bandeira da Liga de Amigos do Carmen e a Acta Fundacional da Liga, que fora levada para a súa restauración a comezos de ano e que con toda probabilidade recuperará o seu destacado lugar no Salón de Plenos do Concello antes de que remate este ano.

Enlace ao vídeo:

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DA XUNTA DE GALICA PARA PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR UN ERTE (EXPEDIENTE DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO) COMO CONSECUENCIA DA COVID-19.

Axuda de 500 € por traballador/a.

Prazo de solicitude ata o 25 de outubro de 2021.

Documentación a presentar:

  • Anexo I (Solicitude).
  • Vida laboral dende o 14/03/2020 ata o 23/09/2021.

Descarga das bases da convocatoria no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) e do anexo I (formulario de solicitude):

 BASES
 FORMULARIO DE SOLICITUDE

RECORDATORIO: 9º SORTEO DA CAMPAÑA “PONTECESURES E PROXIMO”

Mañá venres dia 24 de setembro terá lugar as 11 h da mañá no Salon de Plenos na Casa do Concello o NOVENO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.