Sábado 6 de outubro
No ano 1912, a sociedade ??Hijos de Puentecesures en La Habana?, constituída na Habana (Cuba), regalou á desaparecida ??Liga de Amigos El Carmen? de Pontecesures, unha bandeira galega de seda natural.
O estandarte ten pintada ao óleo, no centro, a ponte romana de Cesures, e ao outro lado o escudo de Galicia.
A entrega da bandeira foi realizada durante unha viaxe a España do Presidente desta sociedade, Don José Llerena Braña que ademáis era apoderado do Centro Gallego de La Habana.
Actualmente esta bandeira está exposta no Salón de Plenos da Casa do Concello, e cada ano cando se celebran as Festas do Carme en Pontecesures e no tradicional Desfile Valeiro sacase, por motivos de conservación, unha réplica desta bandeira.
Con motivo dos 100 anos transcorridos dende que chegou a bandeira a Pontecesures o vindeiro sábado 6 de outubro rendiráselle unha pequena homenaxe a este símbolo do noso pobo:
- 11.30 h.: Recollida da réplica da bandeira na Paxareira e pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Algueirada.
- 12.00 h.: Acto de homenaxe no Salón de Plenos, donde estarán expostos uns paneis informativos coa historia da bandeira.
- 19.30 h.: Nova xuntanza de O FAIADO DA MEMORIA no Centro Social.