Reparacións no CPI de Pontecesures de cara ao novo curso escolar.

Posta ao día das instalacións de cara ao novo curso

O goberno local de Pontecesures ven de ultimar diferentes traballos de mantemento no colexio de Pontecesures  de cara ao inicio do  próximo curso escolar.

As actuacións levadas a cabo comprenden a limpeza do recinto, desbroce de maleza, adecentamento dos accesos, instalación de novos sanitarios e outras reparacións diversas (grifos, desagïes, portas, fiestras, persianas, etc.).

Acometeuse tamén a colocación dun tellado aillante no cuarto da caldeira de calefacción, así como o pintado exterior de dito cuarto.

 

Proba da Volta a Galicia de BTT en Pontecesures, Valga e Cuntis.

PROGRAMA VOLTA A GALICIA BTT. (8 e 9/setembro/2012)

08/setembro/2012

09:00 Retirada de dorsales y transponders. Pabellón de Deportes de Beiro (Cordeiro-Valga).
11:00 Etapa prólogo. Valga (CRI 5 km).
16:15 Control de firmas. Casa do Concello de Valga.
17:00 Etapa 1. Valga (40 km).
19:30 Entrega de trofeos.

09/setembro/2012

09:15 Control de firmas. Pabellón de Deportes de Cuntis.
10:00 Etapa 2. Cuntis (47 km).
13:30 Entrega de trofeos.

 

Ruta “Desembocadura Sar-Ulla” ,do Programa Goza do Ulla, en Padrón.

Ruta que discorre por diversos lugares de Padrón, percorre tramos do río Ulla e a súa confluencia co río Sar.

Esta ruta está programada para o sábado 8 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 3 horas. Inscricións para o 8 de setembro no teléfono 981 881 329 ou no mail  deportespadron@yahoo.es

Lugar e horario de saída: No Centro Social de Padrón ás 10.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

 

Grande éxito de participación na ruta “Ollando o Ullán”.

Cunha participación de 40 persoas (na fotografía faltan unhas 15 persoas) no día de onte, 2 de setembro,  levouse a cabo  esta ruta, que está enmarcada no Programa Goza do Ulla polo cal que se realiza unha ruta por cada concello polo que transcorre o río Ulla.

Os participantes, a maioría de fora de Pontecesures, mostraron o seu agrado polo trazado e paisaxes da ruta que cubríu unha distancia de 17,5 km pasando por lugares como o monte de Castro Valente, monte Salgueiras, Campo Redondo, Mirador da Galiñeira, etc.

Máis fotografías no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=34&gal=39