Andaina solidaria en Pontecesures.

ANDAINA SOLIDARIA (Sábado 30/xuño/2012)

Organiza: Concello de Pontecesures.

Colaboran:

  • Fundación Amigos de Galicia.
  • Plan Galicia Saudable.
  • FINSA.
  • Clínica Podolóxica Andaina. Que ofrecerá os seus servizos aos participantes se se dese algunha incidencia (lesión,…).
  • A gardería municipal e a ludoteca de verán do concello permanecerán abertas durante a andaina e ofrecerán os seus servizos gratuítos aos participantes na proba.

Sábado 30 de xuño ás 9.30 na Plazuela de Pontecesures. Concentración ás 9.00 e saída ás 9.30.

Non é necesaria inscrición. Para participar o único requisito é a entrega á organización dalgún alimento non perecedeiro. Todos os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. No momento da entrega dos alimentos os participantes recibirán unha camiseta co logotipo da andaina. Tamén se poden entregar estos alimentos durante a semana do 25-29 de xuño na Casa do Concello.

A Fundación Amigos de Galicia faráse cargo dos avituallamentos durante a andaina.

O percorrido é duns 8 km. e será tanto polo centro de Pontecesures como polos arredores, seguindo o seguinte itinerario:

Saída dende a Plazuela (9.30 horas):

CENTRO: Rúas San Lois, Sagasta eVíctor García.

PEIRAO: Eugenio Escuredo.

PORTO: A Calera, Rúa do Campo, Subida ao Campo, Caldeirón de Abaixo, Praza dos Valeiros e, Deputación.

CENTRO 2: Portarraxoi, San Lois, Miguéns Parrado.

INFESTA: Rúa Borobó.

SAN XULIÁN: O Castro, Rúa das Mimosas (cruce coa Rúa Ullán).

A TOXA / CARREIRAS: Pista da Barosa (paralela á autoestrada AP-9).

CONDIDE / COUTO: Baixada do Mirador da Galiñeira polo Barrio de Condide ata a Pista do Regadío, Paxareira.

CENTRO 3: Praza de Pontevedra, Portarraxoi, San Lois e Plazuela (CHEGADA).


 

 

 

 

Arranxo do paso a nivel do centro do pobo.

Trala petición realizada polo equipo de goberno o 24 de maio de 2012 ó  Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, Don Eulogio Gómez Franqueira, na que se lle solicitaba o arranxo do firme de caucho en mal estado do paso a nivel do centro da Vila, o pasado 19 de xuño recibiuse no Concello un escrito do Gerente de Mantenimiento de Ourense Don luís Manuel Palacios López no que textualmente se di:

«En relación con su escrito referenciado, le informamos que se va a proceder a la reparación del firme y su unión con la carretera del paso a nivel sito en el Km 68/682 de la línea de Redondela a Santiago, subsanando las deficiencias que nos ocupan.»

Dende o equipo de goberno queremos trasmitirlle o noso agradecemento a A.D.I.F pola  atención ás nosas reclamacións..