Proxectos solicitados polo Concello á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2012

O Concello de Pontecesures ven de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ao abeiro da liña de subvencións que xestiona este organismo para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia, un total de cinco proxectos por un importe total de 136.311,75 ?.

Os proxectos para os cales se solicitan as subvencións son os seguintes:

1. Proxecto de Instalación de PANEIS SOLARES DE ENERXÍA SOLAR T?RMICA PARA AQS NAS INSTALACI?NS DO CAMPO DE F?TBOL MUNICIPAL RAM?N DI?GUEZ. Por importe de 23.222,70 ?.

2. Proxecto de Instalación de PANEIS SOLARES DE ENERXÍA SOLAR T?RMICA PARA AQS NAS INSTALACI?NS DO CLUBE NA?TICO DE PONTECESURES. Por importe de 17.774,84 ?.

Con estas dúas primeiras actuacións preténdese aforrar costes enerxéticos nestas dúas instalacións que contan actualmente con sistemas de caldeira de gasoil e propano respectivamente.

3. Proxecto para a REFORMA A ADECUACI?N DO PARQUE INFANTIL DE SAN XULIÁN na rúa Camiño dos Acevedos. Por importe de 25.773,57 ?.

Este proxecto contempla a dotación de xogos novos para este parque e a reforma integral do mesmo.

4. Proxecto para a MELLORA DE 5 PARQUES INFANTIS (COLACACI?N DE AREA BLANCA NO SOLO DESTOS PARQUES). Por importe de 24.482,64 ?.

Neste proxecto pretendese mellorar a estética e a seguridade para os rapaces/as, ca colocación dunha capa de 20 cm. de espesor de area branca para que o solo sexa máis brando. Os cinco parques que contempla este proxecto son: O parque do muelle, o parque da Praza dos Valeiros, o parque de Infesta, o parque de Carreiras e o parque da Rúa do Campo (a carón do campo de fútbol).

5. Proxecto integral de SALA MULTIUSOS DIXITAL (AULA TIC). Por importe de 45.088 ?.

Por último, a sala multiusos dixital que dotará á aula do semisoto da Casa do Concello de mobiliario, equipamentos informáticos e novas tecnoloxías para ter unha aula permanente para cursos dirixidos a diferentes colectivos.

No día de onte, martes 26 de xuño, técnicos de AGADER estiveron en Pontecesures, acompañados polo concelleiro de Obras e Servizos Angel Souto, para ver de primeira man o estado inicial destos cinco proxectos.

O Concello de Pontecesures adhirese ao programa de voluntariado dixital da Xunta de Galicia.

O programa de voluntariado dixital suma 67 empresas e institucións.

Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos adherironse ao Programa de Voluntariado Dixital promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) E a Consellería de Traballo.

O acto de sinatura, que se levou a cabo o no 26 de xuño, estivo presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. En representación dos asinantes interviñeron Anxo Queiruga, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na Comunidade (CERMI Galicia); María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas; Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Manuel Ruiz, alcalde Ribeira en representación da FGAMP; e Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia. En representación do Concello de Pontecesures acudíu o concelleiro de Servizos Sociais Roque Araujo que asinou a adhesión a este programa.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso ás novas tecnoloxías ás persoas maiores ou con discapacidade mediante o apoio de 191 voluntarios que ofrecen os seus servizos coordinados polo programa.

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.

Andaina solidaria en Pontecesures.

ANDAINA SOLIDARIA (Sábado 30/xuño/2012)

Organiza: Concello de Pontecesures.

Colaboran:

  • Fundación Amigos de Galicia.
  • Plan Galicia Saudable.
  • FINSA.
  • Clínica Podolóxica Andaina. Que ofrecerá os seus servizos aos participantes se se dese algunha incidencia (lesión,…).
  • A gardería municipal e a ludoteca de verán do concello permanecerán abertas durante a andaina e ofrecerán os seus servizos gratuítos aos participantes na proba.

Sábado 30 de xuño ás 9.30 na Plazuela de Pontecesures. Concentración ás 9.00 e saída ás 9.30.

Non é necesaria inscrición. Para participar o único requisito é a entrega á organización dalgún alimento non perecedeiro. Todos os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. No momento da entrega dos alimentos os participantes recibirán unha camiseta co logotipo da andaina. Tamén se poden entregar estos alimentos durante a semana do 25-29 de xuño na Casa do Concello.

A Fundación Amigos de Galicia faráse cargo dos avituallamentos durante a andaina.

O percorrido é duns 8 km. e será tanto polo centro de Pontecesures como polos arredores, seguindo o seguinte itinerario:

Saída dende a Plazuela (9.30 horas):

CENTRO: Rúas San Lois, Sagasta eVíctor García.

PEIRAO: Eugenio Escuredo.

PORTO: A Calera, Rúa do Campo, Subida ao Campo, Caldeirón de Abaixo, Praza dos Valeiros e, Deputación.

CENTRO 2: Portarraxoi, San Lois, Miguéns Parrado.

INFESTA: Rúa Borobó.

SAN XULIÁN: O Castro, Rúa das Mimosas (cruce coa Rúa Ullán).

A TOXA / CARREIRAS: Pista da Barosa (paralela á autoestrada AP-9).

CONDIDE / COUTO: Baixada do Mirador da Galiñeira polo Barrio de Condide ata a Pista do Regadío, Paxareira.

CENTRO 3: Praza de Pontevedra, Portarraxoi, San Lois e Plazuela (CHEGADA).