Descarga das bases deste programa, listado de balnearios, quendas e prezos no seguinte enlace:
O Consello da Xunta aproba o cambio de titularidade da Rúa Diputación
No día de hoxe o Consello da Xunta aprobou o cambio de titularidade da rúa Diputación á prol do Concello.
No seguinte enlace da rolda de prensa posterior, feita polo Presidente da Xunta, mencionase no minuto 3 e 52 segundos (3:52)
Traballos semanais realizados pola brigada de obras do Concello de Pontecesures.
Nesta semana a brigada de obras do Concello realizou as seguintes tarefas:
1) Limpeza e desbroce na zona do peirao, no caleixón paralelo á rúa Patifas, na rúa Víctor García, na rúa Agro do Muíño, nos xardíns da E.D.A.R., no parque infantil Vicente Moure e na senda verde de acceso ó colexio entre o paso elevado e o “Miradoiro do Pino Manso”.
2) Colocación dunha caixa de contadores no depósito de bombeo da Barca.
3) Recollida do palco prestado ó Concello de Padrón con motivo do concerto benéfico en favor de Paula.
4) Reparación das avarías de augas na rúa Redondo e na rúa do Campo.
5) Colocación de plaqueta e azulexos, construción e encintado dun tabique no comedor escolar.
6) Descobrir e conectar tuberías para conexión de auga sanitaria e construción de arquetas na zona da Tarroeira.
7) Pintado das varandas do pavillón polideportivo.
Actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal de Pontecesures.
O vindeiro luns 23 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures, levarase a cabo a actividade de animación á lectura ??INTRES? con Olga Abad Prieto, destinada ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI Pontecesures.
Esta actividade, realizada con motivo do programa ??Abril, mes dos libros? , enmárcase no programa Letras Vivas Animación, subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Boletín semanal de ofertas de emprego da Fundación Amigos de Galicia (19 de abril de 2012).
Premendo no seguinte enlace podese descargar o boletín: