Apertura do prazo de reserva de praza e preinscrición da Escola Infantil Municipal de Pontecesures. Curso 2012/2013.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

RESERVA DE PRAZAS CURSO 2012/2013

Informase aos veciños e veciñas que  o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal ??Gardería- para a reserva de praza dos alumnos/as e  a solicitude de novas prazas de cara ao vindeiro curso escolar 2012/2013 ??a partir de setembro- estará aberto do 2 ao 16 de abril,

A EIM ten un horario de 8 da mañá a 8 da tarde de luns a venres, tódolos meses do ano, está situada na Rúa Avelino Pousa Antelo, en fronte do CPI ??Infesta? e conta cunhas modernas instalacións e equipamentos, e o seu persoal proporciona aos nenos e nenas que acoden a ela as atencións e coidados necesarios para promover o seu desenvolvemento harmónico e integral. Conta co Servizo de Comedor, no que os nenos e nenas teñen ao seu dispor unha dieta san e equilibrada, axeitada a cada idade.

Para acceder á EIM é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e 3 anos de idade e que abonen as taxas que lles correspondan, tendo preferencia os e as domiciliados en Pontecesures.

As solicitudes de reserva de praza para nenos e nenas que xa acoden á EIM presentaranse directamente na Escola Infantil Municipal (Tel. 986557623).

Para máis Información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as  poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.

Premendo no seguinte enlace podense descargar os formularios de reserva de praza (nenos/as que xa acoden á EIM) e o de preinscrición (novas prazas):

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=326

Ludoteca de Semana Santa en Pontecesures.

Ludoteca de Semana Santa en Pontecesures os días 2, 3, 4 e 9 de abril.

Para nenos/as de idades entre 4 e 12 anos.

No local anexo ao pavillón de deportes de 9.00 a 14.00 horas.

Prezos: 3 ? por día  /  8 ? os catro días  /  15 ? os catro días no caso de dous irmáns.

Inscricións nas oficinas centrais do Concello dende hoxe ata o día 31 de marzo.

Premendo no seguinte enlace podese descargar a ficha de inscrición:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=323

Obradoiro de graffiti no CPI Pontecesures

Mañá mércores 28 de marzo, entre as 10h45 e as 14h45, terá lugar no CPI PONTECESURES un obradoiro de graffiti. Nunha das paredes do centro educativo, acondicionada polo Concello, un grupo de alumnos e alumnas, baixo a supervisión do Colectivo Mutante Creativo, que lles ensinará as técnicas elementais do graffiti artístico, dará vida a ideas previamente traballadas polo alumnado.

En concreto, baixo o lema «Diferentes? Si, pero orgullosos do galego», o alumnado debuxará diferentes vacas, iluminadas de diferentes maneiras. Co desenvolvemento do obradoiro quedará rexistrada tamén a reflexión de Castelao, tal e como acordaron os alumnos e alumnas en Asemblea: «A vaca é o símbolo da paz».

?xito do Clube Náutico de Pontecesures no campeonato de España de xóvenes promesas en Sevilla.

Gran resultado do Clube Náutico de Pontecesures no Campeonato de España de Inverno de xóvenes promesas,  celebrado en na Cartuja (Sevilla) o pasado 17 de marzo. Conseguíu facerse con 2 medallas de bronce.

3º posto, medalla de bronce, en C1 cadete 5.000 metros para Adrián Castiñeiras Troáns.

3º posto, medalla de bronce, en K1 cadete 5.000 metros para Camila Aldana Morrison.

Na clasificación xeral por clubes o CNP alcanzou unha moi meritoria 7ª posición dun total de 81 clubes de todo o territorio nacional.

No seguinte enlace podense descargar os resultados completos desta proba:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=322