Durante estas vacacións de Entroido, os operarios do servizo de obras do Concello levaron cabo tareas de mantemento no CPI Pontecesures a instancias da dirección do centro, e que principalmente consistiron en diversas reparacións de fontanería, persianas e do sistema eléctrico.
Prestación económica por fillos a cargo menores de 3 anos.
O prazo para solicitar estas axudas é dende o 16 de febreiro ata o 26 de marzo. Máis información e solicitudes no Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9.00 a 13.30 h.. No seguinte enlace pódese descargar o bando completo:
http://pontecesures.org/recursos/Bando_PFC_menor_3_anos_2012.pdf
Entroido no CPI Pontecesures
Este venres 17 de febreiro de 2012, a partir das 11h30, o CPI PONTECESURES celebra o Entroido. Trátase dunha actividade común a todo o centro e a ela están convidados as familias dos alumnos e alumnas.
Este ano o tema escollido é o das Olimpiadas. Os diferentes grupos de nenos e nenas desde educación infantil até educación secundaria obrigatoria, pasando por educación primaria desfilarán no pavillón municipal de Pontecesures ante os seus familiares caracterizados de diferentes maneiras alusivas ao deporte olímpico e realizando diferentes bailes.
Tendo en conta os tempos que corren, cheos de negros presaxios, nada mellor que a suspensión que nos permite o Entroido para divertirnos e rirnos e así liberarnos das tensións. Por iso, animamos a todas as familias a que se acheguen ao pavillón municipal de Pontecesures para dar acubillo á ilusión dos nenos e nenas.
Xornada sobre normativa urbanística para cargos electos
Este mércores 15 de febreiro o concelleiro de obras, urbanismo e servizos, Angel Souto, asistiu a unha xornada sobre normativa urbanística para cargos electos.
Esta xornada estivo organizada pola EGAP (Escola galega de administración pública) en colaboración coa Dirección xeral de Adminitración Local.
Ludoteca Entroido 2012 en Pontecesures.
Nas vacacións de entroido os/as nenos/as dispoñen duns días de tempo libre, por iso a asociación cultural Entretemenlo, coa colaboración do Concello de Pontecesures, vai levar a cabo unla Ludoteca de Entroido, os días 20, 21 e 22, de 9h a 14 h., no local anexo ao pavillón de deportes. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, e o prezo é de 6 ?.
Poden inscribirse nas oficinas do Concello a partir do 16 de febreiro, e poden ter máis información no teléfono 986 55 71 25.





