Dende o día de hoxe queda operativo o novo alumeado nas rúas San Lázaro, Otero Acevedo e Patifas. Ademais dos puntos de luz que contemplaba o proxecto inicial acordouse coa empresa adxudicataria, SETGA, colocar dous puntos máis na rúa Carlos Maside. O vindeiro luns procederase á retirada das luminarias e ó cableado vello.
Este grupo de goberno quere agradecer as facilidades mostradas pola empresa adxudicataria para facer os cambios requeridos polo equipo de goberno tra-las suxerencias dos veciños da zona.
Asemesmo queremos decirlle ó Sr Sabariz que este grupo de goberno non actúa «a golpe de cornetín», nin da oposición nin de ninguén. Este grupo de goberno o que sí fai e fará é ter sempre en consideración as suxerencias dos veciños. Gobernar significa tomar decisións, pero sempre tendo en conta as opinións dos veciños e non ás costas deles. Iso é o que facía o grupo de goberno na anterior lexislatura, cando nin tan sequera falaba cos veciños á hora de acometer as obras (alumeado da rúa central, aceras no centro do pobo, etc).
E se non lembramos mal o «flamante» concelleiro de infraestructuras era o Sr Sabariz.