O Faiado da Memoria.
O FAIADO DA MEMORIA é un blog onde se recopila material audiovisual (fotografías principalmente) da historia e das xentes de diferentes lugares. Ten un apartado para o Concello de Pontecesures, que se pode visitar a través do seguinte enlace:
http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/
Asemesmo, tamén neste outro enlace se pode visitar o blog con todo o seu contido:
A presentación da sección adicada ao Concello de Pontecesures fíxose o 9 de xaneiro de 2012 e nela expuxeronse dous vídeos aos que se pode acceder nos seguintes links:
Primeira parte: http://youtu.be/AeiaUMiUY_4
Segunda parte: http://youtu.be/aUquZRyJqfM
Asfaltado da Rúa das Mimosas e Camiño dos Acevedos
No día de hoxe escomenzaron as obras de asfaltado no Camiño dos Acevedos e na Rúa das Mimosas. Con esta actuación dase remate á obra do PIR 2011 de Medio Rural.
Dende o grupo de goberno queremos pedir disculpas a tódo-los veciños da zona pola demora no remate das obras. Esta demora é totalmente allea ó grupo de goberno xa que a responsabilidade da execución da obra é competencia de Medio Rural.
Avería na Rúa Diputación.
Sobre as 9:45 horas desta mañán un veciño alertou á concellería de obras e á alcaldía dunha avería na instalación de augas na rúa Diputación. Unha vez comunicado o percance ó servizo técnico municipal e despois de presentarse no lugar o servizo técnico e o concelleiro de obras procedeuse ó arranxo da avería. Sobre as 11:45 horas a avería quedou completamente subsanada.
Sustitución da máquina de sellado do Servizo Galego de Colocación
No día de hoxe foi instalada nas dependencias municipais unha nova máquina de termosellado dixital, para que todas aquelas persoas que deben renovar a súa solicitude de emprego o poidan facer en Pontecesures sin ter que desprazarse a Oficina de Emprego de Vilagarcía.
Lembrar que a anterior foi dañada na pasada primavera por mor dunha tormenta.
Inauguración do albergue de peregrinos de Pontecesures
Mañán mércores, 4 de xaneiro de 2012, ás 12 da mañán, terá lugar a inauguración oficial do albergue de peregrinos de Pontecesures.
No acto intervirán Manuel Luis Álvarez Angueira, alcalde de Pontecesures, Camino Triguero Salas, directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.