Programa de termalismo social IMSERSO 2012 en Pontecesures.

Este programa está dirixido a pensionistas da seguridade social, de xubilación ou invalidez, e de viudedade ou outras pensións co requisito de ter 60 anos cumpridos. Hai que valerse por un mesmo e non padecer alteración do comportamento, nin enfermedade infecto contaxiosa.

Os prazos son:

  • ata o 16 de xaneiro de 2012 para os turnos de febreiro a agosto.
  • ata o 16 de maio de 2012 para os turnos de setembro a decembro.

As persoas que, reunindo os requisitos, presentaron solicitude a tempada pasada van recibir os impresos no seu domicilio para o trámite simplificado e renovar a súa solicitude.

Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.

 

Prosigue a campaña de recollida de tapóns

Na pasada semana, o Concello de Pontecesures fixo una nova achega de tapóns a Fundación Amigos de Galicia. Nesta ocasión, foron 31,20 kilos os aportados polos veciños e veciñas de Pontecesures. Desde o Concello de Pontecesures queremos agradecer as aportacións que solidariamente todos estades facendo a esta causa.

Lembrar que a  recollida continúa. Podedes depositar os tapóns nos contenedores que a tal efecto están ubicados na Casa do Concello, Escola infantil e Colexio, así como nos diversos establecementos adheridos a esta iniciativa.

Para máis información podedes visitar o seguinte blog:

http://unasonrisaparaaitana.blogspot.com/