No día de hoxe foi reposto o espello ubicado na intersección da rúa do Rial e o Camiño á Carreiras
Sin Categoria
Ludoteca de Nadal en Pontecesures
O Concello de Pontecesures anuncia a posta en marcha da Ludoteca de Nadal 2011, unha medida de conciliación da vida laboral e familiar durante as vindeiras vacacións escolares. O Concello aposta por ofertar este servizo durante oito xornadas matinais dada a boa acollida doutras iniciativas similares feitas anteriormente.
A Ludoteca de Nadal é unha alternativa de ocio que se oferta ás familias con fillos de 4 a 12 anos e caracterizada polo seu carácter creativo, plural e participativo. Un dos obxectivos principais desta actividade é crear un ambiente de ocio que favoreza o encontro co grupo de iguais e que potencie o seu desenvolvemento persoal fomentando valores sociais como son a cooperación, o traballo en equipo, o respeto a igualdade ou a solidariedade. La ludoteca celebrarase os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro no edificio anexo ao pavillón municipal de deportes. Funcionará en horario de 9 a 14 horas cun máximo de 50 prazas.
As familias interesadas teñen que formalizar a inscrición do 12 ao 20 de decembro. Para elo pódense dirixir ás oficinas da Casa do Concello. A cuota é de 15 euros, aínda que haberá unha bonificación de 3 euros por neno para as incricións de máis dun irmán. Como noutras ocasións, os rapaces empadronados en Pontecesures son os principais destinatarios desta iniciativa, aínda que poderían participar nenos e nenas doutros concellos ate completar o número de prazas.
Entre as actividades previstas para a Ludoteca de Nadal figuran xogos de interior e exterior, actividades predeportivas, xogos de grupo, obradoiros diversos, contacontos e propostas de animación.
Sin Categoria
Horarios dos partidos dos equipos de Pontecesures da xornada do 3 e 4 de decembro.
Premendo no seguinte link pódense descargar estos horarios en formato PDF:
http://pontecesures.org/recursos/CUADRANTE_PARTIDOS_3_E_4_DECEMBRO.pdf
Sin Categoria
O CPI de Pontecesures xa dispón de catro aulas dixitais.
O 24 de novembro de 2011 procedéuse á instalación do material necesario para converter as aulas de 6º de Educación Primaria e de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria en aulas dixitais, conforme á planificación do Plan Abalar da Xunta de Galicia, que se insire dentro do proxecto estatal Escuela 2.0.
Isto representa un paso máis na integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación na práctica cotiá das aulas, nunha resposta aos desafíos que se presentan ante a tarefa educativa nestes tempos de velocidade dixital.
Con esta actuación, o CPI PONTECESURES conta xa con catro aulas dixitais, dotadas de conectividade a internet, pizarra dixital, ordenador, e un portátil para cada alumno e alumna.
Isto significa que se avanza, pouco a pouco, cara a un novo modelo de ensino e aprendizaxe no que a cultura dixital será requisito indispensable e reformulará a relación cos hábitos tradicionais que deberá converxer nun diálogo fructífero, xa que neste eido, nada hai máis moderno que saber ler e comprender o mundo no que vivimos.
Sin Categoria
Horarios dos partidos dos equipos de Pontecesures para o 26 e 27 de novembro.
Premendo na imaxe pódense ver os horarios, ou premendo no enlace pódense descargar en formato PDF:
http://pontecesures.org/recursos/CUADRANTE_PARTIDOS_26_E_27_NOVEMBRO.pdf