Novo alumeado nas rúas Patifas e Otero Acevedo

Ante as numerosas suxerencias dos veciños  destas rúas para que se cambiase o tipo de alumeado proposto no proxecto inicial, o grupo de goberno municipal, tras unha serie de negociacións coa empresa adxudicataria da obra (SETGA) decidiu a instalación das catenarias modelo “cidade”. Estas serán instaladas directamente nas fachadas cun soporte de aceiro inoxidable, tal e como se pode apreciar na imaxe adxunta.

A instalación destas catenarias conta co visto e prace dos propietarios das vivendas cuias fachadas servirán de soporte. Polo tanto queremos agradecer a colaboración dos veciños das rúas melloradas, así coma as facilidades dadas pola empresa SETGA para o bo remate desta actuación.

Promoción do galego no comercio local

 A campaña está deseñada para fornecer materiais atractivos para facilitar aos comerciantes que podan levar a cabo a súa actividade en galego e preténdese así animar a todas as vendedoras e vendedores que así o desexen a continuar con este etiquetado en galego de notábel acollida naqueles lugares en que se desenvolve desde hai anos, tanto entre clientes como entre comerciantes.

Trátase de pregos de etiquetas para colocar nos agasallos que merquen os clientes con distintos lemas.

Agardamos que este material poida ser de proveito na actividade comercial dos establecementos de Pontecesures nestas datas.

Arranca a campaña “Este ano 2011 presume tamén de praceiro e praceira”

A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia para destacar aos seus praceiros.

Entre os días 14 ao 24 de decembro de 2011 e 9 e 20 de xaneiro de 2012, os clientes da Praza de Abastos de Pontecesures recibirán un cupón por cada acto de compra. ?ncheos co teu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número de posto do teu praceiro/a favorito/a e deposita o cupón na urna instalada na propia Praza.

Os días 23 de decembro de 2011 e 20 de xaneiro de 2012 procederase á elección ao azar de trescupóns, que se corresponderán con tres clientes agraciados con cheques de compra desa quincena, por valor de 75, 50 e 25 euros. Só poden ser recompensados os clientes que estén presentes no momento do sorteo. Ademais, só serán válidos os votos nos que figure o número de posto votado.

Os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras. A validez destas caducará o 28 de febreiro de 2012.