Reparación da balaustrada da rúa do Castro


No día de hoxe comenzaron estas obras de reparación da balaustrada derribada no seu día pola colisión dun vehículo. Estas obras estarán rematadas entre o mércores e o xoves desta semana.
Dende o equipo de goberno queremos pedirlle disculpas ós veciños da zona pola tardanza na súa reposición, motivada por problemas administrativos co seguro do vehículo totalmente alleos á xestión do goberno municipal.

Visita dos nenos/as da Escola Infantil Municipal á Casa do Concello.

Mañán martes 13 de novembro, ás 11.00 da mañán, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Pontecesures, acompañados polas súas monitoras, visitarán a Casa do Concello. Repítese así un ano máis esta visita tradicional, na que os nenos e nenas colaborarán na ornamentación do árbol de nadal e recibirán un agasallo por parte dos representantes municipais.

 

Ludoteca de Nadal en Pontecesures

O Concello de Pontecesures anuncia a posta en marcha da Ludoteca de Nadal 2011, unha medida de conciliación da vida laboral e familiar durante as vindeiras vacacións escolares. O Concello aposta por ofertar este servizo durante oito xornadas matinais dada a  boa acollida doutras iniciativas similares feitas anteriormente.

A Ludoteca de Nadal é unha alternativa de ocio que se oferta ás familias con fillos de 4 a 12 anos e caracterizada polo seu carácter creativo, plural e participativo. Un dos obxectivos principais desta actividade é crear un ambiente de ocio que favoreza o encontro co grupo de iguais e que potencie o seu desenvolvemento persoal fomentando valores sociais como son a cooperación, o traballo en equipo, o respeto a igualdade ou a solidariedade. La ludoteca celebrarase os días  22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5  de xaneiro no edificio anexo ao pavillón municipal de deportes. Funcionará en horario de 9 a 14 horas cun máximo de 50 prazas.

As familias interesadas teñen que formalizar a inscrición do 12 ao 20 de decembro. Para elo pódense dirixir ás oficinas da Casa do Concello. A cuota é de 15 euros,  aínda que haberá unha bonificación de 3 euros por neno para as incricións de máis dun irmán. Como noutras ocasións, os rapaces empadronados en Pontecesures son os principais destinatarios desta iniciativa, aínda que poderían participar nenos e nenas doutros concellos ate completar o número de prazas. 

Entre as actividades previstas para a Ludoteca de Nadal figuran xogos de interior e exterior, actividades predeportivas, xogos de grupo, obradoiros diversos, contacontos  e propostas de animación.