O pasado luns 10 de outubro comezaron as obras do P.I.D. (Plan de Iversións da Deputación) no Concello de Pontecesures. Neste día se iniciou a obra de renovación da Iluminación da rúa Calera por un importe de 51.067,60 ?.
Nos próximos días comezará a renovación, dentro deste mismo plan, da obra de renovación da Iluminaicón das rúas Patifas, Otero Acevedo e San Lázaro por un importe de 36.038,69 ?.
Convocatoria do Concello de Pontecesures para participar na organización da CABALGATA DE REIS 2012 e das FESTAS DO CARME 2012.
Convócase a tódolos veciños e veciñas de Pontecesures interesados/as en colaborar na organización da CABALGATA DE REIS 2012 a unha xuntanza na Casa do Concello o vindeiro martes 18 de outubro ás 21.00 horas.
Asemesmo, tamén se convoca a tódolos/as interesados/as en colaborar na organización das FESTAS DO CARME 2012 para outra xuntanza o xoves 20 de outubro ás 21.00 horas na Casa do Concello.
Banco de libros de texto usados do Concello de Pontecesures.
A Concellería de Educación do Concello de Pontecesures ven de constituír un Banco de Libros que permita a reutilización dos textos escolares, coa finalidade de contribuír á reducción do gasto familiar.
O Banco de Libros créase como unha medida de apoio ás familias, especialmente ás que se atopen en dificultades, mediante a cal poderán conseguir os textos escolares en calidade de préstamo. Para conseguilo, precisamos da solidariedade e colaboración de pais e nais, para que cedan os libros empregados polos seus fillos e fillas e estes poidan ser aproveitados por outros estudantes o vindeiro ano, co compromiso de devolvelos en bo estado, para continuar a utilizalos en cursos sucesivos.
Desde a Concello de Pontecesures animase a todas aquelas persoas que teñan libros, materiais e outros elementos útiles para ás clases que poidan servir a outros estudantes, que os depositen nos contedores habilitados a tal efecto na Casa do Concello, a Biblioteca Municipal e o CPI Pontecesures.
Información para consultas e modificación de datos no padrón municipal de habitantes.
Información ós/ás veciños/as sobre o contido dos seus datos padroais
Aprobada, por Resolución da Alcaldía de data 16/09/2011, a revisión dos datos padroais deste municipio, notifícase colectivamente que, a efectos da información ós/ás veciños/as polo menos unha vez cada cinco anos sobre o contido dos seus datos padroais que establece o artigo 69.3 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, na súa redacción dada polo Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, a partires de hoxe e ata o día 31 de decembro de 2011, os/as veciños/as poderán consultar nas oficinas municipais e sempre persoalmente, os seus datos persoais.
Transcorrido este prazo o Concello dará por cumprida a obriga, lembrando, sen embargo, que nas oficinas municipais do Padrón de Habitantes, os veciños/as sempre poderán consultar e modificar se fose preciso, so seus datos padroais persoais.
Excursión a Lira organizada polo Concello de Pontecesures.
O Concello de Pontecesures está a organizar unha excusión a Lira para o vindeiro luns 3 de outubro aberta a tódolos/as veciños/as de Pontecesures. Para anotarse, nas Oficinas Centrais do Concello, ábrese o prazo o venres 23 de setembro, por rigoroso orde de inscrición para 50 prazas.
A viaxe terá as seguintes actividades e horarios:
– Saida dende Pontecesures ás 8 da mañá dende o Coche de Pedra.
– Ás 10 da mañá, subasta simulada na lonxa de Lira.
– Ás 10.30 h. visita guiada á zona de marisqueo do percebe.
– Ás 13 h. xantar a base de productos galegos.
– Ás 16.30 h. visita á ??Casa do Pepe do Cuco?, casa mariñeira con exposicións e material relacionado co mundo do mar.
– Sobre as 17.30 h. regreso cara Pontecesures.
– Chegada prevista sobre as 19.30 h.
Dende o Concello de Pontecesures anímamos á cidadanía a participar nesta interesante actividade, totalmente gratuíta, ó ser subvencionada polo Programa ??Mar Achega? da Consellería do Mar. Neste programa trátase de mostrar o modo de vida das vilas mariñeiras.
Xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo 2 de outubro.
PROGRAMA DE CUSTODIA FLUVIAL ULLA-UMIA-LEREZ
En colaboración con ADEGA ??Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza- O Concello de Pontecesures está o organizar unha xornada de limpeza dunha pequena marxe do río Ulla. Trátase dunha iniciativa de participación, educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA coa finalidade de fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e mellora dos nosos ríos. Esta actividade está enmarcada na IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS pola cal no domingo 2 de outubro en varios lugares de Galiza se organizarán xornadas de limpeza similares.
Esta actividade lévase a cabo con voluntarios polo que se convoca á xente interesada en participar para que se anote no Concello chamando ao teléfono 986 564 410 (luns a venres de 9.00 a 14.00 h.). Faráse un grupo cun máximo de 15 persoas que téñen que ser maiores de 18 anos.
A xornada de limpeza será, polo tanto, o domingo 2 de outubro de 11.30 a 13.30 h.. A xente anotada convocaráse para sair ás 11.30 dende a estación depuradora de augas residuais no baradero grande do final do muelle. ? recomendable que os participantes veñan equipados con luvas e botas de auga.
Ao remate da xornada, ás 13.30 h., para repoñer forzas convidaráse a tódolos participantes a tomar un pincho e bebida nun establecemento hostaleiro do pobo.
Máis información no espazo web de ADEGA: