
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ‘saborEarte’ CHEGA Á PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES

A exposición xa pode verse no mercado e permanecerá instalada ata o vindeiro 15 de xullo. A mostra recolle as imaxes obtidas nos eventos gastronómicos celebrados no Camiño Portugués da Costa durante o pasado mes de maio.
Do 8 ao 15 de xullo, todo aquel que se achegue á Praza de Abastos do Concello de Pontecesures poderá admirar a fotografía gastronómica de Adolfo Enríquez gracias áexposición ‘saborEarte’. A mostra está conformada por 23 fotografías obtidas no transcurso dun proxecto que se centrou en presentar a gastronomía local como recurso de alto valor para a promoción turística. Fíxose a través de mostras de cociña, nas que os produtos de proximidade de cada un dos cinco destinos escollidos, foron os protagonistas.
Agora, a exposición ‘saborEarte’ ofrece a oportunidade de coñecer non só os pratos rematados, senón tamén algunhas instantáneas das xornadas gastronómicas do proxecto que, debido á situación sanitaria, tiveron que celebrarse con aforo pechado e convite previo. Os eventos ‘saborEarte’ arrincaban o pasado 30 de abril, con citas semanais que percorreron os concellos do Rosal, Soutomaior, Portas, Pontecesures e Padrón. A exposición fotográfica retorna agora aos concellos anfitrións do proxecto, aos que se sumará unha última cita en Santiago de Compostela. A fin de redundar no valor promocional da fotografía gastronómica, tanto as imaxes seleccionadas para a exposición coma outras realizadas durante os eventos ‘saborEarte’, atópanse a disposición de todos os usuarios na web www.saboreartenocamino.com para a súa descarga e libre utilización.
ESTE MÉRCORES 7 DE XULLO APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS

A partires das 16 horas ata as 21 horas de luns a domingo.
De xeito totalmente gratuíto, será necesario descargar unha aplicación para rexistrar o acceso ás instalación.
Facerse coa aplicación é moi sinxelo:
- Descargar a App Afority no Google Play ou no App Store
- Rexistrarse como usuari@ cubrindo os datos que solicita a aplicación
- Empregar o lector do código QR para acceder a instalación e tamén na saída.
Sería desexable que os usuarios accedan xa á instalación coa aplicación descargada e operativa a fin de evitar retrasos na admisión.
Nos primeiros días existirá a posibilidade de levar un rexistro manual para aqueles usuarios que puidesen ter dificultades coa instalación da aplicación.
3º SORTEO PONTECESURES PROXIMO.

Hoxe celebramos o 3º sorteo da campaña Pontecesures Proximo.A papeleta agraciada esta semana é a 13877.Dita papeleta foi escollida pola man inocente de Bea Porrua, quen recolleu á sua vez o vale de 250 € por ser a afortuñada ganadora do anterior sorteo, celebrado hai 2 semanas. O momento do sorteo podese ver pinchando no seguinte enlace:
ACTIVIDADES MULTIDEPORTE VERÁN 2021.

Dirixidas a nenas/os de 9 a 14 anos (nados entre os anos 2007 e 2012 -ambos incluidos-)
Actividade dende o 2 ata o 13 de agosto (de luns a venres).
Prazo de solicitude do 6 ata o 16 de xullo.