ESTE MÉRCORES 7 DE XULLO APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS

A partires das 16 horas ata as 21 horas de luns a domingo.

De xeito totalmente gratuíto, será necesario descargar unha aplicación para rexistrar o acceso ás instalación.

Facerse coa aplicación é moi sinxelo:

  1. Descargar a App Afority no Google Play ou no App Store
  2. Rexistrarse como usuari@ cubrindo os datos que solicita a aplicación
  3. Empregar o lector do código QR  para acceder a instalación e tamén na saída.

Sería desexable que os usuarios accedan xa á instalación coa aplicación descargada e operativa a fin de evitar retrasos na admisión.

Nos primeiros días existirá a posibilidade de levar un rexistro manual para aqueles usuarios que puidesen ter dificultades coa instalación da aplicación.

MAÑA VENRES TERCEIRO MAÑÁ VENRES TERCEIRO SORTEO “PONTECESURES PROXIMO”

RECORDATORIO: Mañá venres dia 2 DE XULLO terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o TERCEIRO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”.A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO VENRES 2 DE XULLO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

 AVISO DE CORTE DE AUGA

Na xornada do VENRES 2 DE XULLO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes zonas:

·         Rúa Carlés.

. Avenida de Arousa.

·         Rúa Redondo (marxe dereito en sentido a Pontevedra).

·         Barrio da Tarroeira.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 09.00 ata ás 13.00 horasRecoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.