A EMPRESA CONCESIONARIA QUE VAI XESTIONAR A PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES BUSCA 2 PERSOAS PARA REALIZAR LABORES DE LIMPEZA / CONTROL DE AFOROS.
CALQUERA INTERESADO/A DEBERA CHAMAR MAÑÁ VENRES ENTRE AS 8 E AS 14 H AO TELEFONO 986 564 403 DO TECNICO DE EMPREGO DO CONCELLO PARA DEIXAR SEUS DATOS.
Na xornada do XOVES 24 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes rúas:
Rúa do Ensanche.
Rúa do Couto.
Pista do Regadío (dende o cruce da Paxareira ata Condide).
Barrio de Condide.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 08.30 ata ás 13.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
Mañá sábado ás 15:00 o Alcalde de Pontecesures dará a saída dende o peirao cesureño da travesía de traíñas co Clube de Remo Rianxo.Animamos á veciñanza a acompañar aos participantes en esta vistosa proba que xa por segundo ano consecutivo elixiu Pontecesures como porto de saída.
Acábase de celebrar o 2º sorteo da campaña Pontecesures Proximo.A papeleta agraciada esta semana é a 10197.Dita papeleta foi escollida pola man inocente de Mari Carmen, quen recolleu á sua vez o vale de 250 € por ser a afortuñada ganadora do anterior sorteo, celebrado hai 2 semanas.
Debido á elevada demanda de prazas para o servizo de conciliación de verán e dacordo co recollido nas bases da convocatoria, faise necesario solicitar a todas as persoas que desexen optar a acadar praza para o Campamento de Verán 2021 de Pontecesures a acreditación das circunstancias que xustifiquen a necesidade de conciliar a fin de realizar o proceso de selección e adxudicación de praza e garantir que o obxecto e espírito da iniciativa se cumpren.
A tal fin, todos/as os/as solicitantes, tanto aqueles que xa se teñan inscrito coma os que o soliciten en adiante, deberán achegar á maior brevidade posible e, en calquer caso, antes da data límite para anotarse –25 de xuño-, a documentación que se relaciona a continuación:
– Documentación que acredite a situación laboral (certificado de empresa ou contrato laboral).
– Copia da declaración do IRPF 2020 de todos os membros da unidade familiar (no caso de usuarios non empadroados en Pontecesures, acompañarase do correspondente certificado de convivencia).