MAÑA VENRES SORTEO DA CAMPAÑA “PONTECESURES PROXIMO”.

Mañá venres dia 4 terá lugar as 12 h do mediodia, no Salon de Plenos da Casa do Concello, o primeiro sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

CORTE DO TRÁFICO RODADO PARA OS DÍAS 3 E 4 DE XUÑO.

Por motivo do desenvolvemento de obras, o tramo da rúa Portarraxoi, dende a Praza de Pontevedra ata a intersección coa Rúa da Deputación, estará pechado ao tráfico rodado nos dous sentidos da circulación nas xornadas do 3 e 4 de xuño -xoves e venres-.

Polo tanto, durante a execución das devanditas obras, non se poderá acceder ao centro urbán dende a Praza de Pontevedra.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 3 DE XUÑO.

Na xornada do XOVES 3 de XUÑO levaránse a cabo obras de mellora na rede de subministro de auga, o que pode ocasionar cortes de auga e/ou perda de presión. Esta situación pode afectar a todo o termo municipal de Pontecesures, principalmente nas zonas:

  • Porto.
  • Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García (marxe esquerdo en dirección a Padrón).

A duración aproximada das obras será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

REANUDACIÓN DO COBRO DE TAXAS MUNICIPAIS.

Unha vez decaído o estado de alarma o pasado 9 de maio, este Concello decidiu retomar a cobranza dos tributos municipais propios e non delegados, que fora suspendida trala declaración do estado de alarma e con motivo da situación e evolución da crise provocada pola Covid-19.

Esta medida afectará ás taxas por ocupación de terreos de uso público local, mercado de abastos e Servizo de Axuda no Fogar.

En consecuencia, a liquidación dos anteditos tributos restablecerase o 1 de xuño.

APARICIÓN DE SOBRE CON DIÑEIRO

DENDE O DEPARTAMENTO DE VIXILANCIA E SEGURIDADE DO Concello de PontecesuresINFORMASE DE QUE SE NOS COMUNICOU DENDE O CUARTEL DA GARDA CIVIL DA APARICIÓN DUN SOBRE CUNHA DETERMINADA CANTIDADE DE DIÑEIRO, O CAL FOI ATOPADO NA VIA PUBLICA.
AQUELA PERSOA QUE SE CONSIDERE PROPIETARIA DE DITO SOBRE, PARA PODER RECUPERALO DEBE DIRIXIRSE Ó CUARTEL DA GARDA CIVIL EN VALGA EN HORARIO DE 8:00 A 14:00 HORAS, DE LUNS A VENRES.


Nota: A IMAXE NON SE CORRESPONDE CO SOBRE EN CUESTION.