
ESTE VINDEIRO DOMINGO DIA 23 DE MAIO CONCERTO DE ROI CASAL

RECORDANSE AS MEDIDAS PARA ESTE CONCERTO:
Coa finalidade de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19 para o público asistente ao concerto van tomarse as seguintes medidas:
• É obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademáis disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos.
• Todo o público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5ºC. e deberán indicar os seus datos persoais (nome e tfno móvil) para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.
• A entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible.
• O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.
• O aforo do “Espazo Cara a Ría” será reducido para garantir a distancia de seguridade entre espectadores. O público deberá ocupar os asentos asignados.
Agradecer a toda a veciñanza o cumprimento estricto das medidas anteriormente expostas.
ESTE SABADO EN PONTECESURES “SABOR ARTE”.
ESTE SABADO 22 RECIBIREMOS EN PONTECESURES A VISITA DO CHEF MIGUEL MOSTEIRO, DE GASTROLAB AROUSA, E Ó FOTÓGRAFO ADOLFO ENRÍQUEZ PARA A REALIZACIÓN DUN SHOWCOOKING ÁS 12 H DO MEDIODIA NA PLAZUELA.

OS ACTOS DA FIN DE SEMANA POSPOÑENSE POLO MAL TEMPO


Por mor do pronóstico meteorolóxico, o Concello de Pontecesures vese na obriga de pospoñer as actividades programadas para esta fin de semana.As novas datas para a realización das mesmas serán comunicadas por este mesmo medio nos próximos días.
A EMPRESA SUBMINISTRADORA DE ELECTRICIDADE GRUPO NATURGY INFORMA DE CORTES DE LUZ PARA O VINDEIRO SÁBADO 15 DE MAIO QUE AFECTARÁN A VARIOS LUGARES DE PONTECESURES.

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, a empresa subministradora –UFD/GRUPO NATURGY- informa o próximo día 15 de maio de 2021 deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade nas zonas e horarios seguintes:
CORTE DE 5.00 A 7.00 HORAS:
- PORTARRAXOI.
- DEPUTACIÓN (Nº 29 ata 41).
- PORTO DE ABAIXO.
- GORGULLÓN.
- PRAZA DOS VALEIROS
- CARLOS MASIDE.
- DOCTOR OTERO ACEVEDO.
- PATIFAS.
- SAN LOIS.
- RÚA NOVA.
- CAMIÑO DE SAN XULIÁN.
CORTE DE 7.00 A 9.00 HORAS:
- PORTO DE ABAIXO.
- AVENIDA DOS NAMORADOS.
- SAN LOIS.
- EUGENIO ESCUREDO.
- ZONA DA PRAZA DE ABASTOS.
- TRAVESÍA DO MUELLE.
- SAGASTA.
- CAMIÑO DE SAN XULIÁN.


