
CONCERTO DE ROI CASAL O VINDEIRO DOMINGO 16 DE MAIO
ROI CASAL ACTUARÁ EN PONTECESURES O VINDEIRO DOMINGO 16 DE MAIO AS 12.30 H. NO ESPAZO “CARA A RIA” NO PEIRAO.
Coa finalidade de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19 para o público asistente ao concerto van tomarse as seguintes medidas:
• É obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademáis disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos.
• Todo o público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5ºC. e deberán indicar os seus datos persoais (nome e tfno móvil) para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.
• A entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible.
• O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.
• O aforo do “Espazo Cara a Ría” será reducido para garantir a distancia de seguridade entre espectadores. O público deberá ocupar os asentos asignados.
Agradecer a toda a veciñanza o cumprimento estricto das medidas anteriormente expostas.

NOVOS CARROS PARA O SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA

O servizo de limpeza viária conta dende hoxe con novos carros de varredor.
O deterioro importante dos anteriores, unido ao se elevado peso ao estar fabricados en aceiro, complicaban as labores de limpeza do persoal municipal.
Asimesmo, cambiarase a indumentaria de traballo para mellorar a imaxe de este servizo tan importante e unha boa percepción do servicio por parte de propios e visitantes.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2021 E A SÚA COBRANZA
COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2021 do 8 de abril ata o 8 de xuño.