NOVOS CARROS PARA O SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA

O servizo de limpeza viária conta dende hoxe con novos carros de varredor.

O deterioro importante dos anteriores, unido ao se elevado peso ao estar fabricados en aceiro, complicaban as labores de limpeza do persoal municipal.

Asimesmo, cambiarase a indumentaria de traballo para mellorar a imaxe de este servizo tan importante e unha boa percepción do servicio por parte de propios e visitantes.

CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO, SERVIZOS E HOSTALERÍA DE PONTECESURES

Unha vez mais e esta vez con maior razón, o Concello de Pontecesures da inicio á presente Campaña “Pontecesures Próximo” co fin de promover e incrementar a actividade económica dos pequenos comercios de proximidade e do tecido hostaleiro do municipio e servizos asentados no termo municipal, así como premiar o compromiso e a fidelidade dos seus clientes.

O eixo fundamental da Campaña é a realización do sorteo de premios a trocar nos establecementos adheridos/colaboradores na Campaña, por un importe total de 3.500 €.

AGORA MÁIS QUE NUNCA COMPRA EN PONTECESURES, GAÑAMOS TODOS.

Campaña de apoio ao comercio, servizos e hostalería locais.

☑Porque están preto de ti.

☑Son os nosos veciños/as ou familiares.

☑Ofrécenche un trato persoal e próximo.

☑Colaboran en actividades locais.

☑Crean emprego.

☑Impulsan a economía local.

PRAZO DE ADHESIÓN PARA OS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS: DO 3 ATA O 14 DE MAIO.

 BASES CAMPAÑA APOIO AO COMERCIO “PONTECESURES PRÓXIMO”
 ANEXO I DE ADHESIÓN PARA ESTABLECEMENTOS “PONTECESURES PRÓXIMO”