CURSOS DE FORMACION DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA “LABORA 2020”.
CURSOS DE FORMACIÓN PARA OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE ORGANOZADOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A TRAVÉS DA CONVOCATORIA “LABORA 2020”.
MAIS INFORMACIÓN EN: https://www.depo.gal/labora-2020

COMEZO DAS LABORES DE LIMPEZA VIARIA NO CASCO URBANO
No día de hoxe están a levarse a cabo traballos de limpeza viaria nas rúas centrais do pobo a fin de mellorar o estado actual.
Os aspectos xerais da limpeza consistirán na execución combinada con medios manuais e mecánicos das operacións de varrido, baldeo, hidrolimpeza, etc das zonas das beirarrúas paseos e zonas peonís, imbornales, alcorques e entornos dos contenedores.
Farase especial fincapé na eliminación de musgo nas zonas de tránsito que provocaban esvaramentos , manchas nas beirarrúas e mellora no estado de limpeza e hixiene dos viáis.
A empresa adxudicataria das labores de limpeza foi Limpezas Germania e a duración estimada dos traballos é de arredor de semana e media.


BASES PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA CUBRIR OS POSTOS DE ENCARGADO/CAPATAZ DE BRIGADA, PEÓN CONDUTOR DE VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E PEÓN FORESTAL PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS.
Data de publicación destas bases no BOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra): 17/marzo/2021.
Acceso á publicación no BOPO:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/17/2021011072
Polo tanto, a partir desta data e segundo as bases o prazo para presentar solicitudes (ANEXO I, ANEXO II e o resto da documentación) serán 10 días hábiles dende o 18/03/2021 ata o 05/04/2021.

