
INFORMACION DOS CURSOS DA DEPUTACION PROVINCIAL
A poboación destinataria destes cursos: mozos/as de menos de 30 anos que non estudan nen traballan e residen nun concello de menos de 5000 habitantes.
Estes cursos impartiranse na modalidade de teleformación en aula virtual. AINDA HAI PRAZAS DISPOÑIBLES.
Os cursos teñen unha duración de 125 h e desenvolveranse en AULA VIRTUAL. O listado deles é o seguinte:
- Aplicacións móbiles.
- Tendas en liña.
- Márqueting dixital.
- Contidos dixitais: Imaxe, Vídeo e Vídeo Xogos.
- Organización e xestión de almacéns.
- Venda de produtos e servizos turísticos
Para mais información ou realizar a solicitude de participación :https://www.depo.gal/tic-emprendesTeléfono DEPUTACIÓN. Luis 986804100 EXTENSION 57315

COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.
Unha vez máis, dende o Concello de Pontecesures queremos facer un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións evitando xuntanzas con persoas non convivintes, mantendo a distancia social, usando a máscara incluso con familiares e extremando tamén as medidas de hixiene de mans.
Recórdase que as autoridades competentes poden solicitar en calquera momento que se xustifique debidamente o motivo polo que se están movendo a un concello perimetrado. No caso de que a xustificación non sexa válida proporán para SANCIÓN á persoa ou persoas que estean a facer caso omiso desta normativa. Ademais, infórmannos de que as forzas e corpos de seguridade do Estado van a por en marcha unha labor de especial de vixilancia nas entradas e saídas dos concellos perimetrados, intensificando o control en centros comerciais, supermercados, tendas e grandes superficies co fin de evitar que a poboación se salte as restricións.
Sabemos que son unhas medidas duras, pero é necesario que as acatemos para evitar un confinamento total como o que vivimos o pasado mes de marzo.
Preme no seguinte enlace para ver todas as restricións.



