Podedes ver o video presionando no seguinte enlace:
OBRAS REALIZADAS NO CONCELLO FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O Concello de Pontecesures ven de rematar as seguintes obras:
- Melloras nas redes de Saneamento e Abastecemento
A obra consistiu na mellora nas redes de Saneamento e abastecemento en distintas rúas do Concello, en concreto: Avenida de Vigo, Rúa Carlos Maside, Rúa Ullán e Rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.
A obra foi contratada á empresa Construcciones Caldevergazo S.L. por un importe de 48.791,12€, dos que 45.735,74€ foron financiados a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra e 3.055,38€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.
- Subministro de Mobiliario para a Praza do Coche de Pedra
Para mellorar non só a imaxe da praza, senón tamén e sobre todo a súa funcionalidade, dotouse de novos bancos, de maiores dimensións, de deseño máis acorde co entorno co uso (coa posibilidade de ser usados non só por un dos lados); de novas papeleiras máis funcionais e estéticas; de aparca – bicicletas que mellore o uso da praza e favoreza a mobilidade non motorizada no centro urbano; e de un punto de recarga de teléfonos móbiles, que tamén favoreza o uso da praza como espazo de estancia e relación.
En concreto, instaláronse tres bancos, dúas papeleiras, tres módulos de aparca – bicicletas, e un punto de recarga.
O subministro do Mobiliario foi contratado á empresa Electricidad y Contratas Edison Galicia SL por un importe de 11.260,26€ financiados a través da reinversión da baixa da obra “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Público” do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

¡¡¡ ULTMAS NOVAS DAS SSMM OS REIS MAGOS DE ORIENTE !!!
As súas Maxestades déronse presa ….¡¡¡. A carón do árbore de Nadal dentro da Casa do Concello xa apareceron esta mañá os regalos que os Reis habían comprometido para as nenas e nenos de Pontecesures.Xa están sendo trasladados e custodiados polos Municipais ata as oficinas de Correos de Pontecesures para que comece o seu reparto.Con este xeito tan excepcional de facer chegar os xoguetes este ano por mor da pandemia vai a ocorrer que algún dos sobres cos regalos cheguen antes do día 5 de Xaneiro, xa que, como dixemos, o reparto este ano farao o persoal de Correos e non Melchor, Gaspar e Baltasar por estar respectando os protocolos COVID.¡¡¡ Disfrutade dos regalos… e sentidiño…. !!!



INFORMACION IMPORTANTE PARA OS RAPACES/AS DE PONTECESURES.
Esta mañá o Alcalde de Pontecesures mantivo unha video conferencia coas súas Maxestades os Reis Melchor, Gaspar e Baltasar para interesarse cómo están pasando as festas e programar este próximo día de Reis.
Como todos sabedes esta situación epidemiolóxica está a converter unhas festas entrañables como o Nadal e Reis nun período un tanto extrano, obrigando a tomar medidas que eviten no posible as aglomeracións de xente e obligando a extremar as medidas de seguridade.
É por tanto que este ano acordamos coas súas Maxestades que os regalos para todas as nenas e nenos de Pontecesures serán deixados na Casa do Concello e será éste quen se encargue de facerllos chegar.
De este xeito evitaremos situacións de risco para toda a veciñanza e faremos chegar os xoguetes que as súas Maxestades nos deixen a cada neno e nena de Pontecesures.
ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Martina López Doce, gañadora do I Concurso de Postais de Nadal, recibiu hoxe, de mans do alcalde, o premio consistente nun vale de 60€ para trocar nos establecementos comerciais de Pontecesures. O deseño galardonado será reproducido en forma de tarxeta navideña para felicitar as festas a toda a veciñanza.

