SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA O LUNS 21 DE DECEMBRO.

O vindeiro luns 21 de decembro continuarán as obras de mantemento na rede de abastecemento de auga nas rúas Avenida de Vigo e José Novo, polo que novamente realizarase un corte no subministro en horario de 9.30 a 13.00 horas. Esta interrupción no subministro afectará aos seguintes tramos destas rúas:

·         Avenida de Vigo: Dende a intersección coa Rúa Ullán (Cruce de acceso á Estrada) ata a Casa do Concello.

·         José Novo: Dende a Casa do Concello ata o Camiño de San Xulián.

Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA O XOVES 17 DE DECEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do XOVES 17 DE DECEMBRO procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras de mantemento.

Este corte afectará as rúas:

  • Avenida de Vigo: Dende a intersección coa Rúa Ullán (cruce en dirección á Estrada) ata a Casa do Concello.
  • José Novo: Dende a Casa do Concello ata o cruce co Camiño de San Xulián.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 09.30 ata ás 13.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

Adquisición de Vehículo para o Servizo de Vixilancia Municipal

Este pasado luns día 7 de decembro foi entregado o vehículo adquirido polo Concello de Pontecesures para o Servizo de Vixilancia Municipal.

O vehículo é un Citröen Gran C4 SpaceTourer PureTech 130 S&S 6V Live

O vehículo foi adquirido á empresa Plataforma Comercial de Retail SAU por un importe de 23.500€ sendo 22.636,50€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concello 2018 e 863,50€ financiados con fondos propios do Concello de Pontecesures

CESION DO MATERIAL DE EMERXENCIAS.

No día de hoxe o Concello de Pontecesures, unha vez obtida a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Emerxencias, chegou a un acordo de cesión do material que a Xunta de Galicia aportara á disolta Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, previamente invetariado, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Concello de Padrón a fin de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal facendo uso racional dos recursos.Dito acordo de cesión da cumprimento ao contido no apartado D da undécima cláusula do Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramuniciapais que dí que “dado o carácter supramunicipal dos GES, os concellos incluídos na área de actuación correspondente, poderán por a disposición destes os medios materiais de protección civil dos que dispoñan para atender as emerxencias, ou ben cedelos de forma permanente”.O Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, e o seu homónimo de Padrón Antonio Fernandez Angueira, escenificaron o acordo nas dependencias do Concello de Pontecesures e abogaron polo uso mancomunado de dito material que acada así una nova vida útil en defensa das emerxencias que puidesen producirse a ambos lados do Ulla.