RESTAURACIÓN DA BANDEIRA E DA ACTA DA LIGA DE AMIGOS DO CARMEN.

Esta semana recibimos a visita de unha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.

Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños.

A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende A Habana no ano 1912 polo presidente da “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.

Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos que máis tarde fixeran un donativo para a adquisición do “Gabinete de Física y Química” da Escuela Graduada.

De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da familia Llerena, un dos asinantes daquel primeiro documento e que estaba gardada na caixa forte do Concello á espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.

A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza.

Remate da obra “Mellora da eficiencia enerxética do Alumeado Público”

A empresa Roomel SL ven de rematar a obra “Mellora da eficiencia enerxética do Alumeado Público”

Esta obra consistiu na substitución de 114 luminarias de haloxenuros metálicos por lámpadas LED dentro do casco urbano.

Con esta obra o Concello de Pontecesures segue co seu plan de actualizar e modernizar o alumeado público a través da mellora da eficiencia enérxetica das luminarias.

Esta obra foi adxudicada en 29.301,72€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018-2019.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA O XOVES 12 DE NOVEMBRO NA RÚA ULLÁN E INFESTA.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada de mañán  –xoves 12 de novembro (en horario de tarde) procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras de mantemento.

Este corte afectará as rúas:

– Rúa Ullán

  (dende a intersección coa Rúa San Lois ata o Camiño de Infesta).

– Rúa Infesta (ata o Pino Manso).

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.00 ás 20.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

ANUNCIO ORAL CONCELLO DE PONTECESURES:EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS.

Taxas e prezos públicos correspondentes ao ano 2020 polos servizos de Recollida Lixo, Sumidoiros, Cemiterios, Entrada Vehículos e Reserva Aparcamento.

Prazo de exposición do 30 de outubro ata o 29 de novembro.

Prazo de pago en período voluntario do 30 de outubro ata o 30 de decembro.

 ANUNCIO ORAL EXPOSICIÓN E COBRO DE PREZOS PÚBLICOS 2020.