A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude convoca a primeira edición do concurso REACCIÓN POLO CLIMA, iniciativa que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático e potenciar o talento e as reivindicacións neste eido da mocidade na nosa provincia.
Esta convocatoria, dotada con 2.000 euros, está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos de idade empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
Poderán participar as persoas xurídicas que teñan a sede social na provincia e polo menos o 50% da súa xunta directiva estea formada por persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
Para aclaracións sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, contactar a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100 (ext. 41217).
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de novembro de 2020
O subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade aprobou, na súa reunión de hoxe, un protocolo de prevención da covid-19 nos cemiterios de Galicia ante a festividade de todos os santos e defuntos.
1.- Así, evitarase o contacto físico e hai que cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
2.- Uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.
3.- Ampliarase os horarios de apertura coa fin de espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.
4.- Organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo.
5.- O protocolo tamén establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etc, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada dos recintos, lugares de maior tránsito, aseos, etc.).
O protocolo pode consultarse na web do Servizo Galego de Saúde:
No dia de onte unha persoa extraviou unha carteira que contén unicamente documentación de empresa. Foi nas inmediacións da estación do tren de Concello de Pontecesures. En caso de que calquera veciño/a a atope, sua propietaria roga a entregue nas oficinas do Concello de Pontecesures, ou ós vixiantes municipais.