ACTAS DE SELECCIÓN PARA UN POSTO DE ADMINISTRATIVO E OUTRO DE TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN DO 24/SETEMBRO/2020.

Actas de selección para un posto de administrativo e outro de técnico medio de xestión nas oficinas do Concello de Pontecesures. Contratacións realizadas ao abeiro do Plan de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”.

 ACTAS DE SELECCIÓN PARA UN POSTO DE ADMINISTRATIVO E OUTRO DE TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN DO 24/SETEMBRO/2020

NOVAS SOBRE A RENOVACION AUTOMÁTICA DA TARXETA DE DEMANDANTE DE EMPREGO ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2020.

Co obxectivo de favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos innecesarios, a RENOVACION AUTOMÁTICA da demanda ESTENDERASE ATA O VINDEIRO 31 de DECEMBRO de 2020.

No mesmo senso, Emprego Galicia seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presencias, a través do Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal), a Oficina virtual e a aplicación para teléfonos móbiles Mobem. Se coidas que necesitas apoio no uso das ditas ferramentas, non dubides en solicitar, na túa oficina de emprego ou ao teu persoal orientador, o programa de titorización dixital. Para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial en oficinas de emprego realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa. As citas poderán solicitarse a través do Portal de Emprego Galicia, da Oficina virtual ou da aplicación Mobem. Consulta na nosa canle de Youtube os vídeos informativos sobre estes servizos!: https://www.youtube.com/EmpregoGaliciaTV

Para o caso de necesitar máis información contacta co 012 (981 900 643) ou co teléfono da túa oficina de emprego: (http://emprego.xunta.es/buscador-oficinas).

PECHE PREVENTIVO DAS OFICINAS DA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES POR CAUSA DO COVID-19 NA XORNADA DO VENRES 18 DE SETEMBRO.

Dende o goberno municipal infórmase que nestos días levaronse a cabo probas do COVID-19  a todo o persoal do concello, tendo como resultado un único positivo.

En tanto non se determine definitivamente si estamos ante un positivo definitivo ou un falso positivo, á espera da realización do PCR, como medida preventiva pecharanse as oficinas municipais da Casa do Concello na xornada o venres 18 de setembro, non  habendo, polo tanto, atención ao público.

Este peche poderá prolongarse ata o luns 21 de setembro ou máis alá dependendo dos resultados do PCR.